Luns, 15 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o próximo curso.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o próximo curso.

Correo-e Imprimir PDF
gorro-cocinero

A axuda cubre o 85 por cento do custo para un alumno externo, o 65 por cento para un interno e renóvase cada curso da titulación se o estudante aproba todo

O centro ofrece nove bolsas aos alumnos con menores rendas, nas que se terá en conta os ingresos (60 por cento), ademais das notas académicas (40 por cento).

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) acaba de sacar a súa nova convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2011-2012 en calquera das súas titulacións. En total, son 16 axudas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento).

O importe das bolsas ascende a 5.585 euros, que se restará do custo do curso (6.571 euros en réxime externo e 10.170 euros en réxime interno). Deste xeito, a axuda cubre o 85 por cento do prezo dun alumno externo e un 65 por cento dun interno. O prazo para solicitar as bolsas está aberto e remata o próximo 15 de xullo. As bases e o formulario de solicitude pódense descargar en www.cshg.es.

Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con medias por riba do 8) e nove son bolsas normais (na súa concesión tense en conta os ingresos nun 60 por cento e as notas nun 40 por cento). Por titulacións, para o Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras concederanse 11 bolsas; tres serán para o Certificado de Elaboración e Xestión de Cociña e dúas, de excelencia académica, para o Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras. Os novos alumnos de Diploma e Certificado saberán se lle conceden a bolsa o 8 de setembro, xusto antes do período de matrícula no CSHG. Os de Gran Diploma, saberano a finais de xuño.

Só poderán solicitar bolsa os candidatos que se matriculen no primeiro curso de Diploma, Gran Diploma e Certificado de Cociña. Sempre que o alumno aprobe, a axuda renovarase automaticamente nos seguintes cursos. Na actualidade, o CSHG ofrece bolsas para o 12% dos matriculados co obxectivo de facilitar o acceso aos estudantes con bo expediente académico, aptitudes e vocación cara o sector hostaleiro.

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.700 antigos alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de todo o mundo.