Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A Panadería Las Mercedes deixa a 25 empregados na rúa, sen despido nin peche oficial da empresa.

Correo-e Imprimir PDF

A Panadería Las Mercedes pechou a cal e canto os seus despachos en Baiona, A Ramallosa, Nigrán e Porriño sen previo aviso e deixando a 25 empregados na rúa. A medida non responde a un peche oficial do negocio ante a administración. Dende o pasado martes 14 os traballadores concorren a cumprir o seu horario ás portas de cada despacho, pero sen poder ingresar aos recintos. O sindicato está á espera da chegada dos inspectores do Ministerio de Traballo para que levanten as actas que libren ao persoal desta "garda á intemperie" e podan iniciar os trámites por desemprego. A empresa anunciou verbalmente un ERE por peche patronal pero non remitiu ningún documento aos representantes sindicais nunha reunión mantida este martes 14 ás 18 horas. Dende entón non hai comunicación entre empresa e sindicato.

Unha pantasma medra no Val Miñor: son máis de 4000 os "sen traballo" segundo datos oficias.

Correo-e Imprimir PDF
{plusone}

cascos_construcion_200_200

- Na bisbarra do Val Miñor perto do 15% da súa poboación en idade activa non ten traballo.

- Unha lexión de 4132 homes e mulleres empadroados nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán están fóra do mercado laboral e deles 774 golpean portas na pescuda dunha primeira oportunidade de emprego.

Curso de técnicas de inserción laboral para desempregados en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
busca_trabajoEstán abertas as inscricións ao curso "Orienta a túa brúxula: Técnicas de Inserción Laboral", orientado a persoas desempregadas. O curso está coordinado polo Centro de Información ás Mulleres do Concello de Gondomar, é de carácter gratuíto, terá unha duración de 20 horas e buscará proporcionar ferramentas coas que realizar unha pescuda de emprego: curriculum, cartas de presentación, entrevistas, etc. Os interesados deben dirixirse ao CIM Gondomar ata o vindeiro 1 de xuño, o curso comezará o do día 7 do mesmo mes.

Ábrese a licitación para a adxudicación de explotacións temporais para venda nas praias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
sombrilla_de_playasO Concello de Nigrán abre dende hoxe a licitación para a adxudicación de explotacións temporais para a venda de alimentos , prensa, servizos de cadeiras, piraguas, etc nas praias do municipio da cara a tempada de verán 2011. A mesma estenderase dende o 1º de xuño ao 30 de setembro de 2011. As ofertas deberán presentarse no Rexistro do Concello dentro dos próximos 15 días. Os interesados poderán acadar máis información na Oficina municipal de Información ou na páxina web do Concello (Perfil do Contratante).

Convocatoria aberta ata o 13 de maio para persoal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Correo-e Imprimir PDF

ingacalO Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) abre un proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías profesionais necesarias para o funcionamento do Instituto. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de maio de 2011.

Máis información no DOG do 13 de abril de 2011

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL