O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) abre un proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías profesionais necesarias para o funcionamento do Instituto. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de maio de 2011.
Máis información no DOG do 13 de abril de 2011
Requisitos propios de cada categoría:
1. Categoría de técnico I. Titulación universitaria superior. As titulacións requiridas son enxeñaría agronómica de montes, ou química, licenciatura en veterinaria, enoloxía, farmacia, química, bioloxía, bioquímica, biotecnoloxía, ciencias ambientais, ciencias do mar, economía, administración e dirección de empresas, ou ciencia e tecnoloxía dos alimentos.
2. Categoría de técnico II. Titulación universitaria de grao medio. As titulacións requiridas son enxeñaría técnica agrícola ou forestal.
3. Categoría de analista de laboratorio. Titulación de formación profesional (FP) de ciclo superior ou equivalente, na familia química.
4. Categoría de oficial 1º de campo. Titulación de FP de ciclo superior ou equivalente, na familia agraria
5. Categoría de administrativo/a. Titulación de FP de ciclo superior ou equivalente, na familia administrativa.
6. Categoría de técnico informático. Titulación de FP de ciclo superior ou equivalente, na familia informática.
7. Categoría de auxiliar de laboratorio. Titulación de FP de ciclo medio ou equivalente, na familia química.
8. Categoría de oficial 2º de campo. Titulación de FP de ciclo medio ou equivalente, na familia agraria.
9. Categoría de auxiliar administrativo/a. Titulación de FP de ciclo medio ou equivalente, na familia administrativa.
10. Categoría de asesor/a xurídico/a: titulación de licenciado/a en dereito.
Nos casos onde sexa exixible a titulación de FP de ciclo superior (FP de 2º grao ou ciclo formativo do grao superior), tamén se admitirá a titulación de bacharelato ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na Administración pública na mesma categoría ou equivalentes á que se solicita. Nos casos onde sexa exixible a titulación de FP de ciclo medio (FP de 1º grao ou ciclo formativo de grao medio), tamén se admitirá a titulación de graduado en ESO ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na Administración pública na mesma categoría ou equivalentes á que se solicita.