.O obxectivo destas axudas é apoiar o establecemento de novas plantacións, a reconversión e mellora das existentes e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do cultivo
Economía
Medio Rural convoca ás axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas
O importe total previsto para esta liña ascende a 4.500.000 euros, distribuído nos anos 2011 e 2012
Estas subvencións están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.
O informe do Ministerio de Traballo certifica o despido encuberto dos obreiros das panaderías Las Mercedes.
Os 25 obreiros en conflito das panaderías Las Mercedes deixaron a concentración ás portas da central ás 0 hora deste sábado 25 de xuño. A medida foi tomada logo de que na tarde do venres, recibiran a información por parte de Comisiones Obreras (CCOO), que a acta da inspección do Ministerio de Traballo certifica o peche intencional por parte da patronal dos despachos de Porriño, Nigrán e Baiona, da devandita panadería, así como o carácter de "despido encuberto" realizado pola empresa de cara aos traballadores.. A partir do próximo luns, os obreiros esperan o anuncio oficial para comezar os seus trámites que lles posibilite acceder ao paro, logo de levar seis meses e medio sen percibir os seus salarios.
Mar de Silleiro estivo presente na 5ª edición de Salimat celebrada en Silleda.
A inspección de Traballo constata o peche dos locais das panaderías Las Mercedes por parte da patronal.
A inspección do Ministerio de Trabajo levantou esta tarde un acta informativa onde consta que os obreiros das panaderías Las Mercedes de Nigrán, A Ramallosa, Baiona e Porriño están imposibilitados de ingresar aos seus postos de traballo por mor da acción da patronal que pechou os devanditos locais co fin de impedirlles o ingreso. O sindicato de traballadores comunicou a Valminor.info, que a visita produciuse logo que o alcalde de Porriño, Nelson Santos intercediera ante o Ministerio a fin de que axilizara o envío da inspección. Os traballadores estaban a esperar a chegada dos funcionarios de Traballo dende o pasado martes 14 de xuño. Mentres tanto cumprían os seus horarios laborais á intemperie xa que a empresa oficialmente non pechou nin despediu a ningún deles.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL