Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O informe do Ministerio de Traballo certifica o despido encuberto dos obreiros das panaderías Las Mercedes.

O informe do Ministerio de Traballo certifica o despido encuberto dos obreiros das panaderías Las Mercedes.

Correo-e Imprimir PDF
huelga-9-13-3

Os 25 obreiros en conflito das panaderías Las Mercedes deixaron a concentración ás portas da central ás 0 hora deste sábado 25 de xuño. A medida foi tomada logo de que na tarde do venres, recibiran a información por parte de Comisiones Obreras (CCOO), que a acta da inspección do Ministerio de Traballo certifica o peche intencional por parte da patronal dos despachos de Porriño, Nigrán e Baiona, da devandita panadería, así como o carácter de "despido encuberto" realizado pola empresa de cara aos traballadores.. A partir do próximo luns, os obreiros esperan o anuncio oficial para comezar os seus trámites que lles posibilite acceder ao paro, logo de levar seis meses e medio sen percibir os seus salarios.

Dende CCOO de Vigo, anunciouse que os traballadores a partir de agora manterán unha garda as portas da central de Las Mercedes, para supervisar que non se produza ningunha acción por parte da patronal que prexudique o seu dereito a cobrar o 6 meses e medio de atraso que mantén a patronal, así como as indemnizacións polos despedimentos. Tamén a asesoría xurídica de CCOO está traballando nun conxunto de acciones para evitar que a empresa obre de forma ilícita, informou o sindicato.