Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A inspección de Traballo constata o peche dos locais das panaderías Las Mercedes por parte da patronal.

A inspección de Traballo constata o peche dos locais das panaderías Las Mercedes por parte da patronal.

Correo-e Imprimir PDF
Os empregados das panaderías Las Mercedes cumpren 9 días sen poder ingrear aos seus postos de traballo.

A inspección do Ministerio de Trabajo levantou esta tarde un acta informativa onde consta que os obreiros das panaderías Las Mercedes de Nigrán, A Ramallosa, Baiona e Porriño están imposibilitados de ingresar aos seus postos de traballo por mor da acción da patronal que pechou os devanditos locais co fin de impedirlles o ingreso. O sindicato de traballadores comunicou a Valminor.info, que a visita produciuse logo que o alcalde de Porriño, Nelson Santos intercediera ante o Ministerio a fin de que axilizara o envío da inspección. Os traballadores estaban a esperar a chegada dos funcionarios de Traballo dende o pasado martes 14 de xuño. Mentres tanto cumprían os seus horarios laborais á intemperie xa que a empresa oficialmente non pechou nin despediu a ningún deles.

Os traballadores deberán esperar unhas 48 horas para que a Inspección do Ministerio de Traballo remate o proceso e así concorrer a iniciar os tramites do paro. A patronal debe 6 meses e medio en concepto de soldos ao que agora deberá agregarse as indemnizacións. Sen embargo, segundo informaron dende o sindicato, a patronal no mantén contacto cos traballadores dende hai unha semana.

A incerteza é a tónica neste grupo de 25 traballadores que aínda non sabe cando, nin cómo a empresa cumprirá co pago das débedas. Segundo informaran os representantes sindicais, hai traballadores aos que se lles embargou as súas vivendas e outros que recibiron os avisos previos. Pero o que máis preocupa nestes momentos aos traballadores é a situación de varios compañeiros que de non resolverse o cobro do paro de forma rápida, "non terán para comer o próximo mes".

As mostras de solidariedade aos obreiros son permanente por parte da poboación das vilas onde se atopan sucursais de Las Mercedes. Segundo informaron o traballadores a Valminor.info os veciños e provedores se achegan ata os compañeiros que cumpren o seu horario laboral a carón das portas de entrada dos locais, co fin de darlles o seu apoio e poñerse ás ordes. Os representantes sindicais salientaron este feito e manifestan o seu agradecemento a todos eles.