Organizado pola escola de tempo libre FESAN, en colaboración co Concello de Nigrán, o obxectivo é a formación e capacitación para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades de tempo libre e socioculturais orientadas á infancia, xuventude, persoas maiores ou con necesidades especiais. A titulación (homologada pola Xunta de Galicia) está orientada ao traballo en centros socioculturais, asociacións, campamentos, albergues, concellos, colexios (extra-escolares), escolas infantís, empresas turísticas, de lecer e tempo libre, etc.
O curso desenvólvese os sábados de maña e tarde no Centro Antena de Nigrán, desde o 18 de decembro ata o 29 de maio de 2011; completando 200h de teoría e ademais 150 horas de prácticas posteriores.