Martes, 16 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A Ramallosa: Campaña compra na praza. Compra saúde.

A Ramallosa: Campaña compra na praza. Compra saúde.

Correo-e Imprimir PDF
A campaña comeza o próximo 9 de novembro
A praza da Ramallosa únese a campaña da Xunta de Galicia “Este inverno presume de praceiro/a. Elixe o teu/túa preferido/a” e gaña cheques quincenais.

Dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro, as persoas que compren na praza da Ramallosa recibirán un cupón por cada acto de compra, que poderán depositar na urna instalada alí mesmo indicando o parceiro preferido, e, asemesmo, entrarán nun sorteo quincenal de cheques compra por valor de 75, 50 e 25 euros, a descontar na propia praza ata o  31 de decembro de 2010.

Con esta campaña, a Xunta de Galicia, quere salientar o papel que levan a cabo as parceiras e parceiros,ademais de poñer en relevo a súa profesionalidade con esta iniciativa mediante a cal se invita aos consumidores a elixir as parceiras ou parceiros máis queridos e valorados.

Os comerciantes do recentemente remodelado mercado de A Ramallosa  ademais de promover a praza municipal  queren incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os seus valores para a saúde das persoas.