Economía
Cursos gratuítos de galego (CELGA) e inglés especializado para atención ao cliente en Gondomar.
O IEM presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica de cinco artistas galegos.
O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obras gráficas de cinco artistas galegos. Cada carpeta contén cinco serigrafías orixinais, de 68x50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre cartolina Fabriano Academia de 350gr.
Inscricións abertas para a I Xornada do Banco de Tempo de Nigrán.
Están abertas as inscricións para a I Xornada do Banco de Tempo de Nigrán a celebrarse o próximo xoves 16 de decembro de 2010. Coa intención de intercambiar experiencias, coñecer actividades e colaboradores, achegar ideas, reflexionar sobre o que propón este programa e recoñecer a labor das persoas que colaboran na súa difusión, están convocados os socios e socias do BT de Nigrán. Tamén participarán membros da mesma iniciativa doutros concellos.
A campaña "Compra na praza" na Ramallosa premiou a seis clientes.
Compra na praza é unha campaña da Xunta de Galicia que busca incentivar o consumo nos mercados locais. Dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro as persoas que compraron na praza da Ramallosa recibiron un copón por cada acto de compra. Realizáronse dous sorteos quincenais de cheques por valor de 75, 50 e 25 euros a descontar na propia praza.
Nigrán: Curso gratuíto de carretilleras
Un curso de carretilleras destinado as mulleres de Nigrán será organizado pola Concellería de Igualdade a través do Centro de Información ás Mulleres.O curso, de 20 horas de duración, se desenvolverá en horario da tarde, desde o 23 de novembro ata 2 de decembro e ten como obxectivo dotar as participantes de coñecementos necesarios para o manexo dunha carretilla automotora para o transporte no interior de fábricas, almacéns e talleres. O curso é gratuíto e para un máximo de 15 persoas.
Ao finalizar farase entrega do diploma oficial que habilita para o exercicio da profesión de carretillera. Para inscrición ou máis información: Centro de Información ás Mulleres situado na antiga estación del tranvía de Panxón, C/ Estrada pola vía, nº 65, Panxón, Nigrán, teléfono. 986 383081, e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL