Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O IEM presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica de cinco artistas galegos.

O IEM presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica de cinco artistas galegos.

Correo-e Imprimir PDF
IEM_serigrafias

O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obras gráficas de cinco artistas galegos. Cada carpeta contén cinco serigrafías orixinais, de 68x50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre cartolina Fabriano Academia de 350gr.

A edición inclúe de cada artista, unha tirada de 50 exemplares, asinados numerados en arábigos, nove probas de artistas numeradas en romanos e unha proba de taller. Cada carpeta ofrecese a un prezo de 800 euros.

O IEM informa que esta edición é o resultado da colaboración desinteresada e xenerosa destes cinco artistas e ten como obxectivo recadar fondos para financiar proxectos futuros de todas as sección que compoñen o Instituto de Estudos Miñoranos.

A carpeta presentarase hoxe mércores 22 de decembro ás 20:30h. no local da Aula de Cultura "Ponte de Rosas" e ao final compartirase uns copos e uns petiscos para celebrar o remate do ano.