Segue aberta a convocatoria para a selección de doce prazas de auxiliar de policía local no Concello de Nigrán. As prazas ten o carácter de persoal laboral temporal, por un período de dous meses e están dotadas coas retribucións contidas no orzamento municipal vixente no actual exercicio. A selección se realiza polo procedemento de oposición libre.
Economía
A Xunta abre convocatoria para proxectos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica abre unha convocatoria de axudas para que empresas e asociacións empresariais de calquera sector económico e as específicas do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) presenten proxectos de carácter tecnolóxico en réxime de cooperación. Así se recolle nunha resolución que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. A concesión destas axudas contan co financiamento do 80% Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER, realizarase en réxime de concorrencia competitiva.
Curso en Gondomar para traballar como caixeiro ou repoñedor en supermercados.
Convocatoria de dúas Bolsas en réxime de concorrencia competitiva para Enxeñeiros Técnicos Agrícolas
Abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño Autocad en Gondomar.
Dende hoxe e ata o vindeiro 14 de abril están abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño técnico Autocad organizado pola Concellería de Xuventude de Gondomar. O curso, de 40 horas de duración, terá lugar do 25 de abril ao 19 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas de luns a venres.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL