Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Convocatoria de prazas de Policía Local Temporal. Concello de Nigrán

Convocatoria de prazas de Policía Local Temporal. Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
7637_policia-local

Segue aberta a convocatoria para a selección de doce prazas de auxiliar de policía local no Concello de Nigrán. As prazas ten o carácter de persoal laboral temporal, por un período de dous meses e están dotadas coas retribucións contidas no orzamento municipal vixente no actual exercicio. A selección se realiza polo procedemento de oposición libre.

Bases e condicións

1. Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea.

2. Ter máis de 18 anos e non ter cumpridos os 58 anos de idade.

3. Estar en posesión da titulación que lles sexa esixible para o acceso aos funcionarios do grupo c2 ou estar en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de

instancias. A citada titulación será a certificación de superar a ensinanza secundaria

obrigatoria, titulo de graduado escolar ou equivalente.

4. Os aspirantes deberán en todo caso estar en posesión do título de auxiliar de policía ou

presentar compromiso de realizar o citado curso.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.

Máis información: Boletín Oficial da Província de Pontevedra (BOP), núm. 71, do martes 12 de abril de 2011. www.depontevedra.es