Martes, 16 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Ningrán: Concurso - oposición libre dunha praza de Auxiliar de Biblioteca.

Ningrán: Concurso - oposición libre dunha praza de Auxiliar de Biblioteca.

Correo-e Imprimir PDF

Concello de NigránO Concello de Nigrán realiza unha convocatoria de concurso - oposición libre, para a provisión dunha praza de Auxiliar de Biblioteca en réxime de persoal laboral fixo. O prazo para a presentación de solicitudes vence o 29 de novembro.

O proceso de selección consta de unha fase de concurso onde se valorarán os méritos de formación e experiencia profesional, e coñecemento de lingua galega. A fase de oposición consta de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios.

Os aspirantes poden retirar os requisitos a acreditar, así como as características do proceso de selección do Boletín Oficial de Pontevedra do martes 10 de agosto e do luns 20 de setembro de 2010. A convocatoria pode consultarse no Boletín Oficial del Estado do martes 9 de novembro de 2010.

Requisitos básicos e xerais:

Os requisitos xerais que deben acreditar os aspirantes son os seguintes:

- Posuír a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 de abril del "Estatuto Básico del Empleado Público".

-Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación.

-Estar en posesión do título esixible ou estar en condición de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias. A citada titulación será o graduado escolar ou equivalente. No caso de titulación obtidas no estranxeiro deberase ter a credencial que acredite a súa homologación.

-Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións sinaladas para o posto.

-Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse inhabilitado por resolución xudicial para o exercicio de funcións públicas.

-Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas na lexislación vixente.

-Os dereitos de exame ascenden á cantidade de 20 euros e serán aboados na conta de Caixanova nº 2080 0052 29 0040007978 e o resgardo do mesmo axuntarase a instancia ou solicitude presentada para tomar parte no proceso selectivo. Os aspirantes que acrediten a súa condición de desempregados, terán unha bonificación do 75% sobre a tarifa normal. Dita taxa será reintegrada ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

Todos estes requisitos deberán ser xustificados, sendo suficiente a aportación de copia compulsada de documentación correspondente, a achegarse coa solicitude presentada, ademais dos méritos alegados.