Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de Nigrán abre inscricións para cursos de Prevención de Riscos Laborais.

O Concello de Nigrán abre inscricións para cursos de Prevención de Riscos Laborais.

Correo-e Imprimir PDF
prevencion-riesgos-laborales

O Concello de Nigrán acaba de abrir o prazo de inscrición nos cursos incluídos dentro do Programa Actívache da Deputación de Pontevedra, no que se ofrece a mozos de entre 16 e 35 anos (ambos inclusive) a posibilidade de participar en accións formativas correspondentes a distintas disciplinas, que se desenvolverán no Centro Antena de Nigrán nos meses de setembro e outubro cunha duración de 30 horas cada unha, en horario de tarde.

Este ano o concello impartirá o curso de "Prevención de Riscos Laborais" que estudará os conceptos de seguridade e saúde no traballo, a prevención e elementos básicos de primeiros auxilios, e o curso de "Técnicas de venda", no que se abordarán temas como o cliente, as habilidades comerciais e a planificación e condicións para unha venda correcta.

As persoas interesadas deberán cubrir un impreso de inscrición oficial, que estará á súa disposición nas dependencias municipais e presentalo no Rexistro Xeral do concello, ata o día 7 de xullo, data na que se pechará o prazo de inscrición e remitiranse todas as solicitudes recibidas á Deputación de Pontevedra.