Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Os afectados pola estafa das preferentes de NovaGaliciaBanco atopánse nunha situación desesperada

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma de afectados pola estafa das preferentes do Val Miñor explican a situación e os motivos do peche que manteñen dende o pasado luns na oficina de NovaGalicia Banco e ondomar.

Os manifestantes manterán a sua protesta durante todo o nadal incluídas as datas de festividade máis sinaladas.

Algúns afectados viven situacións tan "kafkianas" como a de atoparse con ordes de embargo por impago da hipoteca da mesma entidade que lles ten secuestrados os seus propios aforros.

Preto de 5000 miñoranos non terán unha nómina durante este Nadal 2012.

Correo-e Imprimir PDF

oficina inem_val_minor
- 231 veciños da bisbarra do Val Miñor quedaron sen emprego durante o pasado mes de novembro: 95 en Gondomar, 76 en Baiona e 60 en Nigrán.

-As persoas afectadas pola falla de emprego elévase ao 18,84% da poboación activa de Gondomar, o 14,29% en Baiona, e o 14,16% en Nigrán, segundo a Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Anova-Irmandade Nacionalista de Gondomar organiza un faladoiro informativo sobre banca ética.

Correo-e Imprimir PDF

concentracion vigo_preferentes_nova_galicia_banco- Anova-Irmande Nacionalista de Gondomar anuncia o comezo dun ciclo de actividades informativas sobre "políticas económicas alternativas".

-Membros das cooperativas de banca social Cop57 Galicia e Fiare presentarán os postulados deste modelo de aforro e crédito social .

O enxeñeiro Jesús Fernández Alonso presentará o método "Lean Manufacturing: Cambio de utillaxe. Setups", no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

jesus fernandezO próximo venres 23 de novembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Lean Manufacturing: Cambio de utillaxe. Setups".

Inscricións abertas para o obradoiro "Elaboración Xabróns Naturais", no Nornas Hostel.

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz xabronsN cooperativa Nornas Hostel terá lugar un obradoiro co xeito de aprender a elaborar xabóns naturais. Un elemento vital de uso diario e que os organizadores do curso pretenden achegar dun xeito responsable coa ecoloxía. Para iso impartirán os coñecementos necesarios para que calquera persoa poda facelo. O mesmo terá lugar nas instalacións do Nornas o domingo 2 de decembro de 11 a 14 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL