Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Inscricións abertas para o obradoiro "Elaboración Xabróns Naturais", no Nornas Hostel.

Inscricións abertas para o obradoiro "Elaboración Xabróns Naturais", no Nornas Hostel.

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz xabrons

N cooperativa Nornas Hostel terá lugar un obradoiro co xeito de aprender a elaborar xabóns naturais. Un elemento vital de uso diario e que os organizadores do curso pretenden achegar dun xeito responsable coa ecoloxía. Para iso impartirán os coñecementos necesarios para que calquera persoa poda facelo. O mesmo terá lugar nas instalacións do Nornas o domingo 2 de decembro de 11 a 14 horas.

 

O obradoiro será impartido por profesionais de Aula Medioambiental Aloe Ingenieros, empresa especializada no ocio ecolóxico, e terá unha duración de 3 horas. O programa inclúe unha introdución á historia dos xabóns, as medidas de precaución a tomar para a súa elaboración, as fórmulas de reacción, etc.

Para inscribirse no obradoiro pódese chamar ao 986363604 ou ben enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O custe é de 20 euros e inclúe materiais e café con boliño a media mañá.