Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O enxeñeiro Jesús Fernández Alonso presentará o método "Lean Manufacturing: Cambio de utillaxe. Setups", no IEM.

O enxeñeiro Jesús Fernández Alonso presentará o método "Lean Manufacturing: Cambio de utillaxe. Setups", no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
jesus fernandez

O próximo venres 23 de novembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Lean Manufacturing: Cambio de utillaxe. Setups".

 

O faladoiro intentará responder á pregunta" Por que hai empresas ou sectores que a pesar da crise resisten mellor que outras?" Lean Manufacturing é un sistema de fabricación desenvolvido por Taiichi Ohno, director e consultor de Toyota (Xapón) a finais da 2ª Guerra Mundial para eliminar o malgasto nas empresas con escaso investimento.

Este tipo de ferramentas son útiles para calquera tipo de empresa: fabrís, de servizos, administración, é dicir, fábricas, negocios, bares, hospitais, concellos, ...

Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar, é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos de Loxística e é especialista en Lean Manufacturing, tema sobre o que leva pronunciadas tres conferencias no IEM.

Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor e dende 2005 e responsable de produción e calidade de Figueiró Forjados (Nigrán). Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros.

O faladoiro, de carácter aberto e gratuíto, será presentado por Xosé Antonio Vilán Vilán, Vicerreitor de Transferencia do Coñecemento da Universidade de Vigo.