Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Os comercios do Val Miñor desafían a crise a base de rutas gastronómicas e campañas do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

9958187-campanas-de-navidad-contra-el-fondo-borroso-de-luzEventos gastronómicos zonais e campañas cara ao Nadal son as dúas actividades centrais que as asociacións de comerciantes e empresarios da bisbarra están a desenvolver dende estes días ate o fin de ano. Tanto ACEBA e COEMSA en Baiona como OVALMI en varios puntos do Val Miñor, lanzan semanalmente pratos temáticos cara a seducir aos consumidores, así como campañas a prol do embelecemento das zonas comercias cara o Nadal. Á ruta gastronómica "Baiona d' Pintxos", que está a desenvolver ACEBA, OVALMI sumou a das "TAPAS QUENTES" en Panxón e "A TORTILLADA" no centro de Nigrán, esta última logo da reunión mantida nesta xornada coa comisión de hostaleiros da zona.

Últimos días para inscribirse nos cursos do ciclo "Gondomar traballa polo emprego".

Correo-e Imprimir PDF

cartel-emprego-gondomarA concellería de Formación e Emprego do concello de Gondomar organiza na vindeira quincena do presente mes de novembro, catro sesións informativas de busca de emprego.

Baixo o título de: "Gondomar traballa polo emprego" van a desenvolverse no centro neural do concello de Gondomar e durante o mes de novembro, catro sesións de traballo onde se tratarán diversos aspectos clave para a mellora da empregabilidade das persoas desempregadas.

Aberto o prazo de inscrición para o curso de prevención de riscos laborais en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, abre o prazo de inscrición no curso de prevención de riscos laborais específico para o sector da hostalaría. O curso ten unha duración de 30 horas presenciais realizado dende o 26 de novembro ata o 18 de decembro (durante a semana do 3 o 7 de decembro as clases suspenderanse debido á ponte da Constitución), nas Dependencias do Centro Antena Municipal en horario de tarde 17:00 as 20:00 horas.

Curso sobre xestión de sistemas de seguridade e saúde no traballo para empresarios do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor en coordinación coa Confederación de Empresarios de Pontevedra chaman a interesados en participar nunha xornada gratuíta de formación sobre "Sistemas de xestión da seguridade e saúde na empresa". A palestra estará a cargo da experta Paula Rodríguez Carballo, auditora xefe en Galicia da Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR). A actividade terá lugar no Centro Neural de Gondomar, o vindeiro 30 de outubro no horario de 20:30 a 22:30 horas.

Os afectados pola estafa das preferentes non dan o seu brazo a torcer na súa loita polo roubo dos seus aforros

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe durante a carga policial onte en Ourense - © Óscar PinalA batalla das preferentes non parece ter tregua  e oas aforradores galegos estafados polas caixas galegas non dan a guerra por pedida e chegan coas súas protestas ante a UE logo da falta de investigación e implicación dos gobernos de Galicia e España. 

A policía cargou contra a plataforma de afectados, entre outros colectivos, que estaban apostados ás aforas do pavillón dos Remedios de Ourense durante o mitín de peche de campaña do Partido Popular. 

Pola súa banda, a Xunta de Galicia decidiu privatizar a xestión do conflicto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL