Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Aberto o prazo de inscrición para o curso de prevención de riscos laborais en Nigrán

Aberto o prazo de inscrición para o curso de prevención de riscos laborais en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, abre o prazo de inscrición no curso de prevención de riscos laborais específico para o sector da hostalaría. O curso ten unha duración de 30 horas presenciais realizado dende o 26 de novembro ata o 18 de decembro (durante a semana do 3 o 7 de decembro as clases suspenderanse debido á ponte da Constitución), nas Dependencias do Centro Antena Municipal en horario de tarde 17:00 as 20:00 horas.

 

Todas aquelas persoas que queiran inscribirse, deberán cubrir unha ficha que está a súa disposición nas dependencias do Departamento de Emprego Municipal e/ou no Centro Antena de Nigrán. As solicitudes serán atendidas por orden de entrada no Rexistro Xeral Municipal, sendo necesario un mínimo de 15 alumnos/as para poder poñer en marcha a actividade. O prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns 12 de novembro rematando o día 22 de novembro.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden informarse nos departamentos mencionados ou por teléfono coas dependencias do Centro Antena 986366572 ou e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo