Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Ábrese oferta formativa gratuíta baixo a modalidade on-line no CIM Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza_boliDende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que se leva traballando estes cinco últimos anos.

Obradoiros da OMIX en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, a través da OMIX de Nigrán, organiza un obradoiro financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Neste obradoiro impartiranse os seguintes contidos: estrutura da rede galega de información xuvenil, voluntariado xuvenil, mobilidade, emprego, vivenda, ensino e bolsas, entre outros. O prazo de inscrición é do 23 de agosto ao 15 de setembro na OMIX de Nigrán, na Antiga Estación de Tranvía ou no teléfono 986 383 081.

Curso gratuíto de ofimática para desempregados no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ofimaticaA Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, anuncia que abrirá a partir da vindeira semana o prazo de inscrición nun novo Curso de Ofimática con carácter gratuíto, dirixido preferentemente ás persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, até un máximo de 15 alumnos.

Inscricións para curso de monitor de tempo libre en Nigrán co título homologado pola Xunta de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

monitorA Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, en colaboración cunha empresa especializada neste tipo de formación, abrirá a partir da vindeira semana o prazo de inscrición nun Curso de Monitor de tempo libre, dirixido preferentemente ás persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, até un máximo de 25 alumnos.

200 librarías galegas atrasarán a suba do IVE no material escolar para "axudar as familias"

Correo-e Imprimir PDF

A volta ao cole . Imaxe USO Hospitales by-nc-ndA Federación de Libreiros de Galicia (FLG) vén de recomendar aos seus asociados que non apliquen a suba do IVE no material escolar, que pasa do 4% ao 21%, até o 15 de outubro para non prexudicar a milleiros de familias. Segundo a devandita federación, "un 95%" dos seus socios (uns 200) seguirá esta suxestión, unha vantaxe que se poderá coñecer a través de carteis nas portas dos establecementos que apliquen a medida.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL