Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso gratuíto de ofimática para desempregados no concello de Nigrán.

Curso gratuíto de ofimática para desempregados no concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
ofimatica

A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, anuncia que abrirá a partir da vindeira semana o prazo de inscrición nun novo Curso de Ofimática con carácter gratuíto, dirixido preferentemente ás persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, até un máximo de 15 alumnos.

 

Esta acción formativa terá lugar no Centro Antena –Rúa Otero Pedrayo, nº 52- cunha duración de 50 horas. O curso comezará o vindeiro 3 de setembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas os luns, mércores e venres. As inscricións poderán realizarse no Centro Antena entre o 27 e o 30 de agosto, ambos os dous incluídos.

Para máis información contactar coa Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio deste concello, nos teléfonos e direccións de correo electrónico que se indican a continuación: Teléfonos: Centro Antena: 986 – 366572. Correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo