Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Artesáns locais abren mercadiño de Nadal na antiga estación da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

a-man-do-valA asociación de artesáns "A man do val" abre un mercado de Nadal no primeiro andar da antiga estación de tranvías da Ramallosa. Os viandantes poderán mercar artigos de bixutería, tecidos, adornos, xoguetes e moitos outros produtos máis confeccionados polos membros da asociación. O espazo estará aberto en horario de mañá e tarde ata o vindeiro 6 de xaneiro.

Feijoo ameaza coa vía xudicial para recriminar a protesta das preferentes no parlamento

Correo-e Imprimir PDF

Feijóo, tras o Consello da Xunta - Foto © Xoán Crespo - Praza PúblicaO presidente acusa a oposición de "apropiarse da dor" dos afectados.

Feijoo advirte de que os protagonistas da protesta no parlamento poden acabar nos tribunais por irromper a sesión do pleno.

O presidente ten o convencemento de que as persoas que protestaron no parlamento non son "representativas" da maior parte "das que sufriron as preferentes".

“Aquí vai haber sangue” A desesperación da estafa das preferentes rebenta no parlamento

Correo-e Imprimir PDF

Un intre da protesta CC BY-SA Praza PúblicaA plataforma do Baixo Miñor non cesa na súa loita e presión ao goberno e Nova Galicia Banco, en protesta pola estafa das preferentes e pola quita anunciada polo goberno central cunha perda do 40% dos seus aforros.

A agresión que sufriu o director da sucursal do Santander en Baiona, foi lanzada como unha advertencia aos políticos presentes no hemiciclo.

ANOVA Val Miñor lanza campaña de Nadal en apoio ao comercio local.

Correo-e Imprimir PDF

AOPIO-AO-COMERCIO-LOCAL-001ANOVA do Val Miñor vén de iniciar unha campaña a prol de protexer o pequeno comercio e a produción local, solicitando da veciñanza "que pense ben o que compra e a quen llo compra". Nese senso, propón que as compras do Nadal, para as celebracións familiares ou os agasallos, sexan mercados en pequenas empresas e comercios tradicionais, aos autónomos e artesáns da comarca, ou a agricultores que venden a súa propia produción. Por outra banda e a maiores disto tamén piden na medida do posible, "páguese en metálico, evitando o beneficio de bancos e corporacións financeiras por seren os causantes da crise e porque debido ás abusivas comisións que cobran seguen a engordar a nosa conta".

OVALMI convoca aos hostaleiros de Camos, Priegue, Parada e Nigrán para organizar unha nova ruta gastronómica.

Correo-e Imprimir PDF

tortillaA Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) convoca a hostaleiros das parroquias de Camos, Priegue e Parada, así como do centro de Nigrán para organizar o evento gastronómico "A tortillada", prevista para o vindeiro mes de xaneiro. Para iso, terá lugar unha reunión este xoves 13 de decembro ás 18 horas na sede de OVALMI en Nigrán. A convocatoria é aberta a socios e non socios de OVALMI. Os interesados poden recibir maior información no teléfono 986366730 ou no propio local da asociación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL