Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía ANOVA Val Miñor lanza campaña de Nadal en apoio ao comercio local.

ANOVA Val Miñor lanza campaña de Nadal en apoio ao comercio local.

Correo-e Imprimir PDF
AOPIO-AO-COMERCIO-LOCAL-001

ANOVA do Val Miñor vén de iniciar unha campaña a prol de protexer o pequeno comercio e a produción local, solicitando da veciñanza "que pense ben o que compra e a quen llo compra". Nese senso, propón que as compras do Nadal, para as celebracións familiares ou os agasallos, sexan mercados en pequenas empresas e comercios tradicionais, aos autónomos e artesáns da comarca, ou a agricultores que venden a súa propia produción. Por outra banda e a maiores disto tamén piden na medida do posible, "páguese en metálico, evitando o beneficio de bancos e corporacións financeiras por seren os causantes da crise e porque debido ás abusivas comisións que cobran seguen a engordar a nosa conta".

 

No lanzamento da campaña, a formación nacionalista de esquerdas afirmou a través dun comunicado que o obxectivo da mesma é buscar unha alternativa á crise "provocada polos bancas e as grandes corporacións multinacionais , facendo que o diñeiro chegue directamente ás persoas máis próximas". Nese senso, agregan que por cada emprego que se ofrece nunha grande superficie "pérdense seis no comercio tradicional da súa área de influencia".

A tal fin, ANOVA leva repartidos máis de mil carteis apoiando a compra no pequeno comercio local, máis de catro mil folletos explicativos do por que da campaña e tres mil adhesivos que serán distribuídos en diversos puntos da bisbarra, ademais dunha forte mobilización nas redes.

O portavoz da agrupación, Antonio Araúxo, salientou que a campaña que comezou nestes días, foi ben recibida polos comercios locais, "o que nos fai pensar que foi acertada defender un sector que está sendo castigado con dureza pola actual crise e polas poucas axudas dos gobernos do PP, ben sexan do Estado, da Xunta ou dos propios Concellos do Miñor", sinalou.