Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía OVALMI convoca aos hostaleiros de Camos, Priegue, Parada e Nigrán para organizar unha nova ruta gastronómica.

OVALMI convoca aos hostaleiros de Camos, Priegue, Parada e Nigrán para organizar unha nova ruta gastronómica.

Correo-e Imprimir PDF
tortilla

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) convoca a hostaleiros das parroquias de Camos, Priegue e Parada, así como do centro de Nigrán para organizar o evento gastronómico "A tortillada", prevista para o vindeiro mes de xaneiro. Para iso, terá lugar unha reunión este xoves 13 de decembro ás 18 horas na sede de OVALMI en Nigrán. A convocatoria é aberta a socios e non socios de OVALMI. Os interesados poden recibir maior información no teléfono 986366730 ou no propio local da asociación.