Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os comercios do Val Miñor desafían a crise a base de rutas gastronómicas e campañas do Nadal.

Os comercios do Val Miñor desafían a crise a base de rutas gastronómicas e campañas do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF
9958187-campanas-de-navidad-contra-el-fondo-borroso-de-luz

Eventos gastronómicos zonais e campañas cara ao Nadal son as dúas actividades centrais que as asociacións de comerciantes e empresarios da bisbarra están a desenvolver dende estes días ate o fin de ano. Tanto ACEBA e COEMSA en Baiona como OVALMI en varios puntos do Val Miñor, lanzan semanalmente pratos temáticos cara a seducir aos consumidores, así como campañas a prol do embelecemento das zonas comercias cara o Nadal. Á ruta gastronómica "Baiona d' Pintxos", que está a desenvolver ACEBA, OVALMI sumou a das "TAPAS QUENTES" en Panxón e "A TORTILLADA" no centro de Nigrán, esta última logo da reunión mantida nesta xornada coa comisión de hostaleiros da zona.

 

No caso de OVALMI, anúnciase unha estratexia similar a desenvolver en todos os centros comercias con asociados da bisbarra. Nomeadamente anunciou nesta xornada a próxima formación da Comisión Hostaleira de Gondomar. Iniciativa que xurde nun intre onde o comercio gondomareño atópase baleiro dunha asociación propia, logo da anunciada disolución de ACHEGO. Unha situación que pode cambiar de ter pulo a iniciativa de OVALMI, que xa conta con varios asociados no municipio.

TAPAS QUENTES

A ruta gastronómica TAPAS QUENTES, terá lugar na segunda semana de decembro en Panxón. A comisión de hostaleiros de OVALMI na zona, decidiu impulsarlla do día 6 ao 9 do vindeiro mes.

A TORTILLADA

Pola súa banda, os hostaleiro do centro de Nigrán anuncian A TORTILLADA para finais do mes de xaneiro. Neste caso o desafío será a degustación de diferentes pratos de tortilla que cada local integrante da ruta deberá preparar cunha pegada persoal.

Concurso de decoración do Nadal en Baiona.

No caso de Baiona, tamén estase a desenvolver un concurso de decoración de locais comercias cara o Nadal. Neste caso, son os propios comerciantes do municipio aos que o Concello de Baiona quere seducir para facer máis atractivos as zonas comercias. Con premios que van dende os 400 aos 100 euros, os participantes competirán pola súa capacidade de dotar dunha estética axeitada á tempada os seus establecementos.