O xornal dixital Praza Pública destapa a intención de Novagalicia Banco de ofrecer incentivos aos seus traballadores para frear a fuga de clientes que está sufrindo a entidade nos últimos meses. Así llelo manifestou aos sindicatos a dirección de NCG nas últimas xuntanzas mantidas cos representantes de CCOO, UGT, CIG e Csica e pola que Comisións manifestou o seu rexeitamento nun duro comunicado.
Economía
Últimas prazas para o curso de ‘Vendedor técnico’ que se celebrará en Gondomar dentro do AFD
-A acción formativa comeza o 13 de agosto
Artesáns de toda Galicia reciben formación en patchwork no CDL de Gondomar.
Vinte artesáns provenientes de toda Galicia estanse a formar na técnica do tecido con retallo, tamén coñecida como almazuela ou patchwork, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar. O obradoiro ten unha duración de 50 horas na modalidade de curso monográfico, e se está a impartir ata o vindeiro 4 de agosto pola especialista Rosario Casanova, presidenta da Asociación Española de Patchwork (AEP).
Viaxar pola AP-9 será un 7,5% máis caro dende este domingo e un 10,5% dende setembro
De Baiona a Pontevedra 4,95 euros. De Baiona a Santiago,10 euros. De Baiona a A Coruña 15,90€ e de Baiona a Ferrol 18,05 euros
A partir do 1 de setembro volverán subir como consecuencia da suba do tipo xeral do IVE do 18% ao 21%.
É o que terán que desembolsar os condutores e condutoras que dende este domingo realicen os seus desprazamentos por unha das principais vías de comunicación do país, a Autoestrada do Atlántico, que vén de traducir en cartos un dos múltiples efectos colaterais do último paquete de recortes do Goberno central. En 1999 o Executivo daquela presidido por José María Aznar promulgaba un Real Decreto-lei de "medidas urxentes de liberalización e incremento da competencia" e establecía que a Administración Xeral do Estado "liquidaría ás sociedades concesionarias de autopistas de peaxe", neste caso Audasa, "pola perda de ingresos" que lles supuña a baixada de tarifas do 7% que se viña de aplicar. "Esta compensación, prevista dende hai máis dunha década, atopou a súa xustificación en circunstancias impositivas que hoxe variaron, polo que non se xustifica a súa permanencia", resolve a norma aprobada hai apenas unha semana.
Últimas prazas para o curso gratuíto de dinamizador/a de comedores escolares en Gondomar.
Ata o martes 31 de xullo estarán abertas as inscricións para o curso de Dinamizador/a de comedores escolares a desenvolver pola Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar. O curso está dirixido a mozas e mozos entre 16 - 35 anos que estean inscritos como demandantes de emprego, con preferencia os empadroados no concello.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL