Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Artesáns de toda Galicia reciben formación en patchwork no CDL de Gondomar.

Artesáns de toda Galicia reciben formación en patchwork no CDL de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
patchworkheart

Vinte artesáns provenientes de toda Galicia estanse a formar na técnica do tecido con retallo, tamén coñecida como almazuela ou patchwork, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar. O obradoiro ten unha duración de 50 horas na modalidade de curso monográfico, e se está a impartir ata o vindeiro 4 de agosto pola especialista Rosario Casanova, presidenta da Asociación Española de Patchwork (AEP).

 

Os artesáns recibirán o curso de xeito gratuíto no marco dunha colaboración entre a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais e o Concello de Gondomar. O curso está dirixido pola Asociación Galega de Patchwork Centón.

A concelleira Natalia Salgueiro explicou que con estes eventos formativos inténtase responder ás inquedanzas manifestadas polos artesáns en canto á necesidade de pórse ao día en canto ás novas técnicas. Nese senso, a responsable da Concelleira de Formación e Emprego de Gondomar opinou que o curso permitirá unha maior diversidade na produción artesán, o que permitirá "aumentar a competitividade e acceder a novos mercados.