Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Inscricións abertas para un obradoiro gratuíto de Patchwork de Nadal no concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF


DSC01593O vindeiro xoves 13 de decembro terá lugar o segundo obradoiro de Patchwork de Nadal que organiza a Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Baiona. A mesma terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, 2º andar, na aula número 2, no horario de 10:30 a 12:30 horas. O curso é gratuíto e os materias necesarios para o seu aproveitamento son entregados de balde pola organización. As prazas son limitadas polo que os interesados deben inscribirse na Concellaría de Cultura e Xuventude ou a través do teléfono 986385925.

O I Rastro Tradicional de Gondomar tomará o centro da vila nesta xornada de domingo.

Correo-e Imprimir PDF

cacharrosMáis de trinta postos de venda albergará a primeira edición do Rastro Tradicional de Gondomar que organiza este domingo a Asociación por el Progreso y Desarrollo de Gondomar (APRODEGO). Os mesmos estarán dispostos na praza da Alameda, as céntricas rúas de Eduardo Iglesias e Ángel Urzáiz e a praza da Paradela, fronte á casa consistorial.

A cooperativa Nornas Hostel abre novas inscricións para obradoiros de repostería e escritura creativa.

Correo-e Imprimir PDF

image 13A fin de semana do 15 e 16 de Decembro celebraranse en Nornas varios obradoiros para comezar o Nadal con bo pé. O sábado 15 de decembro terá lugar un obradoiro para adultos de escritura escrita, a cargo de Silvia Penas e Elvira Riveiro, gañadoras do Premio de Poesía Victoriano Taibo (2008). Pola tarde, La Despensa de Yolanda impartirá un obradoiro sobre a elaboración de Cupcakes e galletas de Nadal. Finalmente o día domingo 16, Penas e Riveiro impartirán un obradoiro de escritura creativa para cativos. Nos tres casos Nornas convidará a un café con boliño. Para obter información ou inscribirse pódese chamar ao teléfono 986363604 ou escribir ao mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

APRODEGO proponse revivir o antigo mercado da Paradela en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mercado-antigo-gondomarA recentemente creada Asociación por el Progreso y Desarrollo de Gondomar (APRODEGO) anuncia a creación dun rastro tradicional que terá lugar tódolos domingos ata o 6 de xaneiro. Co obxectivo de dinamizar a vida comercial e cultural do municipio, o rastro terá carácter aberto para que tanto comercios, asociacións socias e veciños podan participar con postos no evento, informou a empresaria Rosa María Álvarez, presidenta de APRODEGO. Os interesados en solicitar un espazo no rastro deberán comunicarse aos teléfonos 676479488 ou 691510202. Os mesmos se entregan totalmente de balde.

Alumnos do Centro Ocupacional Juan María enxoian os establecementos comerciais do Val Miñor, cara o Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

 

nadal ovalmi
Un proxecto levado adiante entre a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), co Centro Ocupacional Juan María está a enxoiar os establecementos comerciais da bisbarra. Os viandantes xa os están a atopar dende a semana pasada por diversas rúas do Val Miñor, rechamantes alfombras vermellas ás portas dos comercios e un abeto cos típicos adornos son o símbolo da chegada do Nadal á comarca.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL