Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Obradoiros da OMIX en Nigrán

Obradoiros da OMIX en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, a través da OMIX de Nigrán, organiza un obradoiro financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Neste obradoiro impartiranse os seguintes contidos: estrutura da rede galega de información xuvenil, voluntariado xuvenil, mobilidade, emprego, vivenda, ensino e bolsas, entre outros. O prazo de inscrición é do 23 de agosto ao 15 de setembro na OMIX de Nigrán, na Antiga Estación de Tranvía ou no teléfono 986 383 081.