Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Anova-Irmandade Nacionalista de Gondomar organiza un faladoiro informativo sobre banca ética.

Anova-Irmandade Nacionalista de Gondomar organiza un faladoiro informativo sobre banca ética.

Correo-e Imprimir PDF
concentracion vigo_preferentes_nova_galicia_banco

- Anova-Irmande Nacionalista de Gondomar anuncia o comezo dun ciclo de actividades informativas sobre "políticas económicas alternativas".

-Membros das cooperativas de banca social Cop57 Galicia e Fiare presentarán os postulados deste modelo de aforro e crédito social .

O vindeiro martes 4 de decembro ás 20 horas Anova-Irmande Nacionalista de Gondomar xunto coas cooperativas de crédito Cop57 Galicia e Fiare, organizan unha charla coloquio titulada "Finanzas éticas: O diñeiro ao servizo da transformación social". A mesma terá lugar no local de Anova sito na rúa Párroco Mariño, 12-baixo en Gondomar; intervirán na mesma Miguel A. Quinteiro, Ramón Carmelo membros de Cop57 Galicia e Manuel Adame membro de Fiare.

Anova informa que con esta charla inicia un ciclo no cal "quere amosar a cidadanía que hai alternativas ao actual sistema económico, é que a banca ética é unha alternativa á ruinosa banca convencional."