Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Faladoiro informativo sobre a Banca Ética en Galicia a través do Proxecto FIARE, no IEM.

Faladoiro informativo sobre a Banca Ética en Galicia a través do Proxecto FIARE, no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
aula-ponte-de-rosas-1

O vindeiro venres 22 de xuño ás 20:30 horas un equipo de voluntarios da Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ) brindará unha charla informativa sobre o seu proxecto cara a unha "Banca ética", na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

 

FIARE nace en España no ano 2003 e dende 2004 vén funcionando como prestadora de servizos financeiros de Banca Popolare Etica, unha entidade de referencia na banca ética europea.

A banca ética quere emerxer como unha proposta alternativa ao sistema financeiro dominante. Defínese por principios éticos que rexen a súa organización e xestión cara a un crédito ao servizo da xustiza social, sen carácter lucrativo e coa participación dos aforradores.

Parte da premisa de que a actividade económica debe rexerse tamén por criterios éticos. Trátase de non permitir que o aforro apoie economicamente calquera tipo de actividade (armamentismo, explotación laboral, destrución medioambiental...) e sirva, en cambio, a actividades socialmente positivas.

En xaneiro de 2010 constituíuse a territorial galega, Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ), a que se atopa nestes momentos na formación dunha cooperativa de crédito.

O faladoiro estará dirixido a informar dos principios éticos que rexen esta actividade financeira, o estado actual do seu desenrolo no país, así como as distintas posibilidades que ten as institucións sociais e particulares de participar do proxecto.