Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O exministro de traballo socialista acudirá a unha cita cos afectados das preferentes en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Valeriano GómezO PSOE de Nigrán organiza para este mércores 6 de marzo ás 16:30 horas unha cita co actual portavoz de economía do PSOE no Congreso dos diputados. Valeriano Gómez, ex-ministro de traballo durante a última etapa do goberno de Zapatero, reunirase na sede dos socialistas en Nigrán acompañado do secretario xeral dos socialistas en Pontevedra, Santos Héctor, e a diputada autonómica Carmen Gallego.

O conflito das preferentes agrávase: "Se nos botan dos plenos, iremos ás súas casas

Correo-e Imprimir PDF

Protesta en Gondomar - © Pablo BangaOs plenos de Gongomar, Porriño, Moaña e as Neves tomaron contacto xa co malestar e cabreo dos afectados que levan máis de un ano pedindo solucións aos seus representantes políticos nas distintas administracións. Sinalan que as protestas na rúa non foron suficientes para que os representantes políticos poñan fin ao seu "calvario". 

Os afectados polas participacións preferentes perden a paciencia. Os aforradores néganse a calquera troco por accións e quita, unha fórmula que será aplicada antes do 31 de marzo e que, segundo eles, podería chegar ata o 80%. A falta de expectativas, de tempo e de solucións, así como a ralentización das vistas en Consumo, fai que recrúen as protestas, que chegan agora día si e día tamén aos plenos de varios concellos galegos. O último, nas Neves, cuxo pleno municipal foi rebentado e suspendido este mércores polas protestas dun grupo de manifestantes das plataformas de Condado-Paradanta e do Baixo Miño. Durante varias horas exixiron explicacións pola suspensión e á espera de que o alcalde e os concelleiros do PP se comprometesen a poñer o seu cargo a disposición do seu partido se non se dá unha "solución política" aos aforradores. Ao tempo, noutras localidades como A Coruña ou A Laracha tamén se levaban a cabo protestas.

Os empresarios do Val Miñor estudan medidas para “axilizar a tramitación e aprobación” dos PXOMs da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

vista nigranA preocupación do sector empresarial da bisbarra pola demora na aprobación definitiva das normas urbanísticas nos distintos concellos do Val Miñor é manifesta. Así o teñen expresado os distintos voceiros de OVALMI, en tódolos medios nos últimos anos. Nese marco ten convocada unha xuntanza para este xoves en Gondomar na que anuncian concretarán "medidas a fin de axilizar a tramitación e aprobación dos Plans Xerais dos Concellos do Val Miñor.

Os alcaldes populares da Provincia de Pontevedra conxúranse contra a violencia “dalgunhas persoas das plataformas de afectados” polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

gondomar-alcaldes-preferent- Os rexedores populares afirman que non foron eles nin o PP os crearon o problema das preferentes e sinalan aos directivos das caixas galegas ademais do PSOE e ao BNG como responsables.

-Rexeitan a avanzada das plataformas de afectados por "boicotear os plenos" e "impedir o normal funcionamento das administracións locais".

- Aseguran que son solidarios coas persoas afectadas e que están a defender o seus intereses "desde o minuto un".

Aberto o prazo de inscrición para a obtención do carné de manipulación de alimentos no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán ten prevista a realización do curso necesario para a obtención do carné de Manipulación de Alimentos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL