Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Oferta de emprego - 10 postos de traballo no Camping O Muiño en Mougás

Correo-e Imprimir PDF

Oferta de emprego no Camping o Muiño en Mougás - OiaO Camping 1ª o Muiño situado na parroquia de Mougás, no concello de Oia, demanda para esta temporada 10 postos de traballo.

Os 10 postos de traballo repártense en: 1 Socorrista (Ref.SOC) , 3 postos de limpeza (Ref. LIM), 3 postos de recepción (Ref. REC), 1 monitor de animación e tempo libre (Ref. ATL), 1 posto de xardineiro/a (Ref. JAR)  e 1 posto de vixiante (Ref. VIG).

Os interesados poden enviar os seus curriculums oa enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo indicando nos asuntos das mensaxes as referencias para as que solicitan o posto.

Pero... Quen ten a culpa das preferentes?

Correo-e Imprimir PDF

Presentación do acordo de fusión das caixas - © Xoán Crespo - Praza PúblicaO conflito das preferentes arde dende 2011 e estourou neste 2013. As persoas afectadas por estes produtos financeiros en Galicia veñen de coñecer que van perder arredor da metade dos seus aforros e as plataformas que os representan soben o ton das protestas.

Concellos, actos políticos, sedes de Novagalicia Banco... os escenarios para a denuncia da "estafa" son múltiples. Mentres, dende o ámbito político, os grupos da oposición reclámanlles responsabilidades aos gobernos galego e central e á forza que os sustenta, o PP. Aos populares esíxenlles que as persoas que foron enganadas poidan recuperar os seus aforros. Mentres, a formación liderada en Galicia por Alberto Núñez Feijóo insiste nun argumento: o PP estase a esforzar en solucionar un problema que foi creado por "outros", a saber, o PSOE no Estado e o bipartito de PSdeG e BNG en Galicia. Pero, de quen é a culpa?

O 47% dos aforristas estafados polas caixas en Gondomar acceden aos arbitraxes tras catro meses de loita.

Correo-e Imprimir PDF

preferentes-peche-concello
Este mércores 3 de abril cumpliran se catro meses do encerro que levan adiante os veciños afectados polas preferentes e subordinas das caixas galegas en Gondomar. Nunha breve reflexión sobre os logros desta medida, a portavoz da plataforma que os agrupa, Rocío Cambra, salienta o feito de que a loita permitiu xa que un 47% dos case 400 aforristas estafados no municipio conseguiran acadar o arbitraxe de consumo para recuperar os seus cartos. Unha cifra que estaría moi por enriba da situación dos outros concellos miñoranos onde non se formaron plataformas deste tipo.

Oferta de emprego - 36 postos de traballo na Federación de Asociacións Veciñais de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Ofertas de emprego en Vigo BY-BC-SA DeustoA Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» en colaboración coa Concellería de Emprego do Concello de Vigo, oferta 36 postos de traballo para distintas áreas.

É requisito imprescindíble o dominio do idioma galego, estar empadroado en Vigo e ser demandante de emprego.

A nova lei de montes do PP abre a posibilidade da recalificación urbana dos montes queimados

Correo-e Imprimir PDF

Cabalos na Groba logo dos incendios do ano 2006 - © 2006 1punto1 FotografíaO ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, presentou hai unha semana a varias ONGs ecoloxistas o cuarto borrador da futura Lei de Montes. Un texto que, no seu artigo 50, contempla a posibilidade de recalificar montes arrasados polo lume. "Con carácter excepcional as comunidades autónomas poderán acordar cambio de uso forestal cando concorra un interese xeral prevalente o cal deberá ser apreciado mediante lei, sempre que se trate de terreos de titularidade pública e que se adopten as medidas compensatorias necesarias que permitan recuperar unha superficie forestal equivalente á queimada. Tales medidas compensatorias deberán identificarse con anterioridade ao cambio de uso".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL