Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O Goberno pretende reducir o importe das pensións case á metade.

Correo-e Imprimir PDF

O goberno español non ser corta coas pensións.A pretensión do goberno de reducir severamente o importe das pensións quedou ao descuberto tras o informe dado a coñecer onte pola comisión de expertos encargado do seu estudo. Segundo publica o xornal "El Huffington Post", as retribucións dos actuais e futuros xubilados podería caer case á metade do seu valor actual, segundo o cálculo que o ex ministro de traballo Valeriano Gómez fixo para a devandita comisión de expertos. Por riba a idade de xubilación se prolongaría por riba dos 67 anos e as actualizacións das pensións en base ao IPC pasarían á historia.

Asemblea aberta en Pinzás contra o perigo de espolio da Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

Burato-dos-Mouros-01-O vindeiro venres 26 de abril, ás 19:30 horas no local da Comunidade de Montes de Pinzás, Tomiño, terá lugar unha asemblea aberta convocada polo colectivo SOS GROBA.

A Asociación SOS GROBA convoca para este venres 26 de abril ás 19:30 horas unha asemblea aberta a toda a cidadanía para estudar medidas a prol de defender a Serra da Groba de posibles intervencións mineiras. Ante os recentes anuncios da Xunta de Galicia favorables a autorizar o desenvolvemento de diversos proxectos mineiros "sustentables" das empresas multinacionais, o colectivo entende que o enclave representa un "tesouro que hai que protexer".

Intensifícanse as protestas do sector do ensino con peches nos centros e mobilizacións en todo o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

manifestacion-ies-auga-da-lNove centros de ensino do Val Miñor levarán adiante un peche na tardiña deste xoves 25 de abril en protesta polos recortes orzamentarios que sofre o sector e en rexeitamento da lei de reforma educativa (LOMCE) promovida polo ministro Wert. A medida non afectará o normal desenvolvemento da actividade escolar, segundo comunica a Coordinadora de Centros do Val Miñor, responsable da medida en oito deles. A actividade mobilizará ao persoal docente, pais e nais do alumnado e estudantes maiores de idade.

Ata o 10 de maio poderá solicitarse o pago fraccionado do IBI.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomar-O Concello de Gondomar informa da posibilidade do pago en dous prazos do IBI

-As persoas interesadas poden solicitar este pago fraccionado, ata o 10 de maio.

-A solicitude deste sistema de pagamento poderá facerse en calquera oficina do ORAL ou tamén por correo postal, electrónico e a través da oficina virtual da Deputación

Apoio total da Xunta aos proxectos mineiros

Correo-e Imprimir PDF

Conselleiro de Industria e o Presidente da Xunta - Xunta.esO conselleiro de Industria di que non renunciará a proxectos mineiros "sustentables" das empresas multinacionais porque crean emprego. A oposición denuncia que "regala" o país.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL