Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Os afectados polas preferentes perden o 43% dos aforros.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe dunha das protestas en SantiagoO PSOE alerta do "doble engano" do Goberno, AGE pide que se lle devolva "até o último euro" e o BNG manifestarase cos afectados o sábado en Pontevedra. O PP muda o seu congreso provincial por medo a reacción dos afectados.

O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) ditou hoxe as temidas 'quitas' aos posuídores de preferentes e subordinadas de varios bancos que recibiron axudas públicas da UE. Para os de Novacaixa Galicia Banco será do 43% no caso das preferentes, do 41% para os que teñan débeda perpetua e do 22% con vencemento. Os que teñan contratados productos híbridos no Banco Gallego perderán o 99,9%

Curso de manipulador de alimentos organizado polos empresarios do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

manipulacionO vindeiro mércores 20 de marzo de 2013, celebrarase no Centro Neural de Gondomar, unha charla para a obtención do título de manipulador de alimentos, que se entregará o mesmo día, necesario en todas aquelas actividades vinculadas directa ou indirectamente co contacto de produtos alimenticios. O curso dará comezo ás 16:30 horas; aínda hai prazas vacantes, polo que todos aqueles que desexen participar, deberán poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios do Val Miñor no teléfono 986-36 67 30, ou inscribíndose no local da Asociación situado na Praza de Rosalía de Castro, 3 Baixo (Nigrán).

Segue aberto o prazo de inscrición para o curso de Paquete Office organizado pola OMIX de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

ofimatica-O prazo rematará o vindeiro 22 de marzo

- Os interesados poderán formalizar a súa solicitude na Oficina Municipal de Información Xuvenil

Julio Fernández Gayoso devolve a Medalla de Ouro outorgada pola cidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

Audiencia-Nacional-desestima-Fernandez-Gayoso TINIMA20130212_1152_5O ex presidente de Novacaixa Galicia, Julio Fernández Gayoso, devolveu esta mañá a Medalla de Ouro outorgada polo concello de Vigo, tras decidir a corporación municipal retirarlla a raíz do escándalo das preferentes e as indemnizacións da caixa que o ten como imputado pola Fiscalía Anticorrupción xunto a outros ex altos cargos da entidade.

As Plataformas de Afectados por Preferentes acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade"

Correo-e Imprimir PDF

Encontro da plataforma de afectados cos alcaldes do Val Miñor e o presidente da deputación.O pasado sábado Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, cargou contra os grupos de afectados polas preferentes que "están actuando como un verdadero comando radical para atacar o PP", acusounos de "manipular ós afectados e usar politicamente este conflito", e defendeu o "apoio incondicional" do PP as vítimas do que cualificou de "estafa masiva". As Plataformas de Afectados por Preferentes responderon a estas declaracións este domingo pola noite nun comunicado no que acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL