Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A listaxes de cursos AFD 2013 para desempregados de Gondomar farase pública nos meses de maio ou xuño

Correo-e Imprimir PDF

oficina inem_val_minorA concelleira Natalia Salgueiro informou que o Concello de Gondomar procedeu a presentar as solicitudes, tanto pola vía ordinaria como pola vía convenio, para optar á liña de axudas convocada cada ano pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento dos cursos AFD. Sinalou que a resolución ás solicitudes presentadas non se coñecerán, previsiblemente, ata os meses de maio ou xuño.

Prognosticábanse choivas para este venres en Gondomar…. e choveu. Afectados polas preferentes

Correo-e Imprimir PDF

Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor tiveron un encontro inesperado coa afectados polas preferentes e subordinadas en Gondomar. Crónica dun "cara a cara" de máis de dúas horas entre os aforradores afectados polas preferentes e subordinadas con Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor.

Membros das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas tiveron un especial cara a cara co presidente da Deputación, Rafael Louzán, este venres en Gondomar. Ao rematar un acto cultural abordáronlle ca fin de que asinara unha declaración na que se comprometía a dimitir do Partido Popular se os "xefes populares" non mudaban a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Declaración que fora asumida polo alcalde popular de Oia durante a mañá.

O PP de Oia ameaza con pasar ao grupo mixto se os populares non mudan a súa política sobre as preferentes

Correo-e Imprimir PDF

xulio vicenteO grupo municipal do Partido Popular en Oia, que goberna o Concello con seis dos once concelleiros, abandonará a formación e pasará ao grupo mixto se os populares non mudan a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Ese é o compromiso ao que o alcalde Alejandro Rodríguez chegou cun grupo de afectados que esta mañá irromperon no pleno municipal e que obrigaron a suspender a sesión.

OVALMI organiza un curso de manipulador de alimentos en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

manipulacionO vindeiro xoves 14 de febreiro, ás 16:30 horas terá lugar no Centro Neural de Gondomar un curso de manipulador de alimentos organizado pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI). A asociación pon a disposición dos interesados o teléfono 986366730, tamén pódese pasar polas oficinas na Praza Rosalía de Castro Nº 3, baixo en Nigrán.

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor celebrará a súa asemblea xeral en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Este xoves 7 de febreiro terá lugar no Centro Neural de Gondomar a asemblea xeral de socios da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI). A primeira convocatoria terá lugar ás 20:00h e a segunda ás 20:30h.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL