Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A listaxes de cursos AFD 2013 para desempregados de Gondomar farase pública nos meses de maio ou xuño

A listaxes de cursos AFD 2013 para desempregados de Gondomar farase pública nos meses de maio ou xuño

Correo-e Imprimir PDF
oficina inem_val_minor

A concelleira Natalia Salgueiro informou que o Concello de Gondomar procedeu a presentar as solicitudes, tanto pola vía ordinaria como pola vía convenio, para optar á liña de axudas convocada cada ano pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento dos cursos AFD. Sinalou que a resolución ás solicitudes presentadas non se coñecerán, previsiblemente, ata os meses de maio ou xuño.

 Ante o número importante de consultas feita polos veciños que demandan este tipo de formación, Salgueiro salientou que as persoas interesadas deberán estar anotadas como demandantes de emprego na oficina comarcal do INEM. Nese senso aclarou que a selección previa do alumnado correrá a cargo da Oficina de Emprego e non polo Concello.

Estas accións formativas dirixidas a desempregados están xestionadas pola consellería de Traballo e Benestar e as súas xefaturas territoriais, así como a Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Natalia Salgueiro adiantou que para este ano, o Concello busca dar cobertura a diferentes colectivos de demandantes de emprego, polo que se requiriron, tanto proxectos formativos relacionados co ámbito sanitario, como os ligados á rama administrativa, pasando por cursos relacionados coa construción, o téxtil ou a informática.

Aínda que as solicitudes xa foron xestionadas polo Concello de Gondomar, a resolución das mesmas non será pública ata o segundo trimestre do ano.