Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

ANOVA reclama responsabilidade política ao PP no caso das preferentes e apoia a marcha das plataformas en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

beira-ngb-3ANOVA – Irmandade Nacionalista do Val Miñor anuncia o seu apoio á manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas de Vigo e do Val Miñor que terá lugar este sábado 20 de abril na cidade olívica. A agrupación nacionalista convoca á veciñanza a participar da mesma, concentrándose ás 11 horas no cruce das rúas Aragón e Genaro de la Fuente, no Calvario.

Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos

Correo-e Imprimir PDF

Fresón de Leboso - Foto By Fundación Galicia VerdeO vindeiro domingo, 14 de abril, a Fundación Galicia Verde celebra na súa sede de Leboso (Forcarei-Pontevedra) a Terceira Feira de Sementes e Plantón Ecolóxicos.
Na feira, a máis doutros produtores, estará a Rede Galega de Sementes, coa se que poderá facer troco de sementes, a maiores das propias sementes da Fundación Galicia Verde, froito do traballo do ano pasado e que foron obtidas sen utilizar ningunha substancia química de síntese, como sempre debería facerse.

“Quen aprende a facer pan non morre de fame”: obradoiro gratuíto de pan ecolóxico en Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

pan trigoA Asociación Chandebrito 1807 organiza un obradoiro de pan ecolóxico no seu local social (antiga escola de preescolar da parroquia) o sábado 11 e o domingo 12 de maio, impartido polo biólogo, investigador e permacultor César Lema, que conta cunha ampla experiencia neste eido.

O IGME investigou a mina de ouro de Pinzás con catas ilegais

Correo-e Imprimir PDF

Mina do Burato dos MourosA explotación de ouro que pretende sondear na parroquia de Pinzás no linde con Gondomar, o consorcio anglo-canadiano Medgold xa foi investigada a finais dos anos oitenta polo ITGE, actual IGME --Instituto Geológico y Minero de España-- nun estudo no que realizaron excavacións non autorizadas xa que incluiron parte da mina romana que alí se atopa e que aparece no Catálogo de Xacementos de Patrimonio Arqueolóxico da Xunta.

Curso de cestería organizado pola Asociación Chandebrito 1807.

Correo-e Imprimir PDF

Curso-cesteria-Chandebrito-A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", convoca un novo curso avanzado de cestería a cargo do mestre cesteiro Rubén Berto Covelo. O curso comezará o luns 22 de abril e se desenvolverá no seu local social, na escola de preescolar da parroquia de Chandebrito, durante oito luns consecutivos en horario de 18.30 a 21.30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL