Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía ANOVA reclama responsabilidade política ao PP no caso das preferentes e apoia a marcha das plataformas en Vigo.

ANOVA reclama responsabilidade política ao PP no caso das preferentes e apoia a marcha das plataformas en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
beira-ngb-3

ANOVA – Irmandade Nacionalista do Val Miñor anuncia o seu apoio á manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas de Vigo e do Val Miñor que terá lugar este sábado 20 de abril na cidade olívica. A agrupación nacionalista convoca á veciñanza a participar da mesma, concentrándose ás 11 horas no cruce das rúas Aragón e Genaro de la Fuente, no Calvario.

 Dende ANOVA reafirman que o problema do fraude dos produtos tóxicos financeiros "hoxe é político, responsabilidade do Partido Popular que conta con maioría no Congreso e no Parlamento de Galicia e que ten na súa man a posibilidade e a obriga de poñer os medios para que se devolva ás persoas afectadas o diñeiro secuestrado polos Bancos".

Agregan que por " diante quedan longos meses dun percorrido xudicial e de mobilizacións en reclamación do que é de xustiza".

Nese senso, Xosé Manuel García Crego (coordinador comarcal de ANOVA Val Miñor), sinalou que calquera" puido quedar preso na tea de araña que supón a enorme cantidade de produtos financeiros de bancos, compañías de seguros e grandes empresas que constitúe o conglomerado de emisores de toxicidade disfrazada de atractivas ofertas".