Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Aberto o prazo de inscrición para a obtención do carné de manipulación de alimentos no Concello de Nigrán.

Aberto o prazo de inscrición para a obtención do carné de manipulación de alimentos no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán ten prevista a realización do curso necesario para a obtención do carné de Manipulación de Alimentos.

 

Este curso se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), o 8 de marzo, en horario das 17:00 a 20:00, estando aberto o prazo de inscricións do 25 de febreiro ao 6 de marzo.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Emprego de Nigrán e procedendo ao pagamento de 15 euros, en concepto de tramitación desta titulación oficial.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986–366572 e co Departamento de Emprego, no 986-365000, extensión 4, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo