Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os empresarios do Val Miñor estudan medidas para “axilizar a tramitación e aprobación” dos PXOMs da bisbarra.

Os empresarios do Val Miñor estudan medidas para “axilizar a tramitación e aprobación” dos PXOMs da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF
vista nigran

A preocupación do sector empresarial da bisbarra pola demora na aprobación definitiva das normas urbanísticas nos distintos concellos do Val Miñor é manifesta. Así o teñen expresado os distintos voceiros de OVALMI, en tódolos medios nos últimos anos. Nese marco ten convocada unha xuntanza para este xoves en Gondomar na que anuncian concretarán "medidas a fin de axilizar a tramitación e aprobación dos Plans Xerais dos Concellos do Val Miñor.

 

A reunión terá lugar ás 20 horas no Centro Neural de Gondomar e están convocadas tódalas empresas construtoras e afines da bisbarra.