Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

“Encesta un alimento”: novo torneo solidario do CB Nigrán e Cáritas.

Correo-e Imprimir PDF

presentacion nigran basquetO Club Baloncesto Nigrán en colaboración con Cáritas de Nigrán organiza o 1º Torneo Solidario de Baloncesto que se desenvolverá no Pavillón do CPI de Panxón os días 22 e 23 de Decembro. Máis de 15 clubs desta disciplina de toda Galicia confirmaron xa a súa asistencia á competición.

O club de arco Serra de Gondomar acada grandes éxitos no torneo desputado en Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF

podiodaniOrganizado polo Club de Arco Teucro, desenvolveuse a Tirada Postal X Trofeo de Navidad FTGA coa participación de 113 arqueros de toda Galicia, puntuable para o ranking Nacional. A actividade comezou no Pavillón de Deportes da Cidade Infantil Príncipe Felipe (Pontevedra), nas primeiras horas da mañá onde o alvein Ruben Rodríguez e o infantil Gabriel Motto obtivero o primeiro lugar para ledicia do equipo Serra de Gondomar.

Torneo Solidario de tenis para recollida de alimentos en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

torneo-tenis-2013O vindeiro domingo, día 14 de decembro, o Concello de Gondomar e o Club Tenis Gondomar organizan un ano máis un torneo benéfico a partir das 9.30 horas no Pavillón Municipal de Deportes e no IES Auga da Laxe.

Baiona achega novos folgos ao Club Ciclista Rías Baixas na preparación da Clásica do Guadiana.

Correo-e Imprimir PDF

rias baixas baionaA formación Elite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas concentrouse o pasado fin de semana no Parador de Baiona como inicio da preparación para a próxima tempada. Baixo a dirección de Marcos Serrano, novo responsable deportivo do equipo, realizaron diversas actividades. Ademais, o técnico transmitiulles as normas de funcionamento do conxunto a partir deste momento. Á cita tamén acudiu José Luís Chamorro, o presidente do club.

O CB Nigrán acolle dúas novas escolas deportivas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cb-nigran-2O CB Nigrán informa que acolle dúas novas escolas deportivas en Nigrán que veñen sumarse ás que xa funcionaban no Escultor Acuña e El divino salvador. Cun total de 20 nenos na escola do CEIP Carlos Casares e 10 máis no Colexio de Cruz Camos que supoñen unha base para este club máis de 70 nenos e nenas ademais dos que conforman os seus equipos federados e o seu propio grupo de iniciación.

Presentación dos equipos do CB Airexa de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

airexaOnte tarde o CB Airexa de Nigrán viviu xunto con pais, xogadores, equipo técnico e directiva unha xornada moi especial. Presentáronse todos os equipos do club e nenos da súa escola deportiva de Mallón do mesmo xeito que os nenos do Anxo de Garda, colexio co que colabora.

O baionés Adrián Valverde imponse no Trofeo Montes de Eiras de ciclocross

Correo-e Imprimir PDF

adrian-valverde-ciclismoAdrián Valverde iniciou cunha vitoria o calendario galego de ciclocross. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas impúxose na carreira Élite e Sub 23 do Trofeo Montes de Eiras celebrado este sábado no Rosal. Con este triunfo, o baionés confirma as boas sensacións que demostrou no último mes e medio en probas por todo o norte de España.

Resultados do II Trail Serra da Groba 2014

Correo-e Imprimir PDF

Trail Serra da Groba | Imaxe: Concello de BaionaTáboas de resultados do II trail Serra da Groba 2014 celebrado en Baiona.

Medio milleiro de corredores participarán do II Trail de Montaña Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

trans grobaMañá venres a Concellaría de Deportes de Baiona reunirá ao case medio milleiro de corredores que participarán da segunda edición do Trail de Montaña Serra da Groba. Ás 20 horas terá lugar unha charla informativa no Pavillón Municipal para deixar todo listo para a saída o sábado 8 de novembro.

Esta segunda edición congregou 136 participantes para a andaina de 20km, 197 para a de 25Km e 146 para o trail de 55 km.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL