Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O CB Nigrán acolle dúas novas escolas deportivas en Nigrán.

O CB Nigrán acolle dúas novas escolas deportivas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
cb-nigran-2

O CB Nigrán informa que acolle dúas novas escolas deportivas en Nigrán que veñen sumarse ás que xa funcionaban no Escultor Acuña e El divino salvador. Cun total de 20 nenos na escola do CEIP Carlos Casares e 10 máis no Colexio de Cruz Camos que supoñen unha base para este club máis de 70 nenos e nenas ademais dos que conforman os seus equipos federados e o seu propio grupo de iniciación.


Engaden que se está a traballar na preparación dun Torneo de Nadal que se levará a cabo os días 22 e 23 de decembro no CPI de Panxón no que se darán cita numerosos clubs da comunidade Autónoma así como de Portugal. Ao longo dos dous días acudirán a Nigrán Clubs de Baloncesto de diferentes categorías, desde Baby a Junior Este torneo supoñerá ademais a posta de longo para os equipos das diferentes escolas deportivas que disputarán alí os seus primeiros partidos como xogadores de basket.