Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Torneo Solidario de tenis para recollida de alimentos en Gondomar

Torneo Solidario de tenis para recollida de alimentos en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
torneo-tenis-2013

O vindeiro domingo, día 14 de decembro, o Concello de Gondomar e o Club Tenis Gondomar organizan un ano máis un torneo benéfico a partir das 9.30 horas no Pavillón Municipal de Deportes e no IES Auga da Laxe.


Co fin de recadar alimentos para as familias máis necesitadas do municipio, o Concello e o Club Tenis Gondomar organizaron un torneo solidario no que cada participante deberá aportar 2 quilos de comida non perecedoira. Un total de 120 participantes disputaranse as categorías pre benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete desde as 9.30 horas ata as 14horas cun descanso para a merienda e unha comida conxunta ao finalizar o evento.
Todos os participantes recibirán agasallos e sortearase, ademais, un lote de material deportivo entre os xogadores.
O torneo benéfico de tenis celebrado o pasado ano conseguiu reunir máis de 200 quilos de comida, que posteriormente foron repartidos polo Concello de Gondomar entre as familias máis desfavorecidas. Este ano o reparto terá lugar o día 30 de decembro.