Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Nigrán abre o prazo de inscrición para a IV edición da Travesía a nado Costa Serena

Correo-e Imprimir PDF

travesialargoINT- A competición, que se celebrará o 13 de xullo en Praia América, constará de dous percorridos de 4.000 e 800 metros, ambos cronometrados.
- Esta proba pretende consolidarse como unha das citas máis importantes do calendario de natación en augas abertas de Galicia, cunha previsión de participación de máis de 200 nadadores.

Unha exhibición deportiva pechou o curso 2013/2014 do Pavillón Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Escolas-deportivasO deporte foi o gran protagonista esta pasada fin de semana na clausura do curso 2013/2014 das Escolas Deportivas que ten en marcha o Concello de Gondomar. Durante o acto, que se celebrou no Pavillón Municipal desde as 18.00 horas, un total de 269 crianzas das diferentes Escolas amosaron o aprendido no curso en distintas exhibicións das modalidades ofertadas.

Gondomar acolle este domingo o 1º Circuito Enduro BTT

Correo-e Imprimir PDF

Canyon Barel 5 byMarkusGreberO Concello de Gondomar volve a apostar pola competición de BTT, nesta ocasión na modalidade de enduro, organizando, xunto co Club Ciclista Bici Verde, o 1º Circuito Enduro BTT Concello de Gondomar que discorrerá polas Comunidades de Montes de San Bieito, Mañufe e Donas con saída e chegada na Praza do Concello.

Últimos días para inscribirse no VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis - Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

torneo-benefico-gondomar(2)Último día para inscribirse no VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis - Concello de Gondomar
O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, e en colaboración co Club de Tenis Gondomar, organiza o VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis. A competición terá lugar o próximo domingo día 7, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes. Dará comezo ás 09.30 horas e finalizará en torno ás 14.00/ 14.30 horas.

Final amargo para o piloto gondomareño logo do accidente sufrido no tramo de As Neves

Correo-e Imprimir PDF

Accidente de Meira no tramo de As Neves - via @coruxarallyAlberto Meira tivo que por fin ao Rías Baixas liderando a primeira posición e con todo o vento a favor para gañar a 50 edición do Rías Baixas.

O piloto de Vincios saíuse da vía no tramo de As Neves e tivo que ser atendido de urxencia. O tramo quedou suspendido a causa do accidente.

O parte médico de última hora sobre o estado de Meira e Álvaro Bañobre (copiloto) é de constución torácica sen fractura e contusión cervical e lumbar respectivamente.

Meira ainda segue en observación mentras que Bañobre xa foi dado de alta.

Alberto Meira recupera o liderato en Ponteareas #rallyriasbaixas

Correo-e Imprimir PDF

O piloto gondomareño Alberto Meira no tramo de Ponteareas - Imaxe RRBO piloto gondomareño empregouse a fondo neste terceiro tramo da xornada e estrea "scratch" no día de hoxe cun tempo de 11:00:8.

Alberto Meira recupera o liderado na xeral tras sacarlle 15.2 segundos a Sergio Vallejo, que quedou en terceira posición, e neste momento a loita entre os dous pilotos está máis igualada que nunca. O de Vincios investiu apenas 11 minutos a pesar de ter que parar tras saírse do trazado por culpa de restos de aceite na estrada á altura do quilómetro 2,1 segundo declaraba á súa chegada a meta.

Segredos para seguir o 50º Rallye Rías Baixas en todo momento e sen perder ningún detalle.

Correo-e Imprimir PDF

10325330 794118700612774 5254028731755389706 nOs coches xa están quentando motores. Os 81 equipos que participarán das Vodas de Ouro do Rallye Rías Baixas preparan a saída ás 17 horas dende a Porta do Sol en Vigo. Dende alí a Chenlo para dar inicio ao primeiro tramo Chenlo - Morgadáns, facer unha concentración en Gondomar e pasar a disputar o segundo tramo Alba - Nigrán con finalización en Porto do Molle.

Comezaron as Vodas de Ouro do Rallye Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF

6 0Este xoves, durante dez horas, os equipos participantes están a recoñecer os tramos en coches dotados de GPS.

A primeira xornada oficial do 50º Rallye Rías Baixas estivo dedicada á entrega de documentación aos pilotos participantes e ao recoñecemento dos tramos. Entre as 9 e as 10 da mañá deste xoves cada un dos equipos que confirmaron a súa presenza na proba recibiron no Recinto Feiral de Cotogrande o libro de ruta do rallye. E co road-bock na man os pilotos comezaron  a xornada de recoñecementos a cada unha das cinco categorías que compoñen esta proba. Todos dispoñen de doce horas para comprobar o estado do asfalto e tomar boa nota daqueles aspectos a ter en conta das zonas de paso que lles poden facer gañar ou perder un tempo importante durante a competición. Poderán dar tantas pasadas como o desexen pero terán que facelo en vehículos non de competición, dotados cun sistema GPS, para estar localizados en todo momento pola organización. Ademais terán que respectar os límites de velocidade da estrada.

Gondomar quenta motores cun encontro do público cos mellores pilotos do Rías Baixas 2014

Correo-e Imprimir PDF

equipo-bmw-Terá lugar o mércores 28 no Auditorio Lois Tobío, ás 20.00 horas

-O municipio volverá ser escenario dun dos tramos do percorrido e acollerá, o venres 30, un parque de reagrupamento na Praza do Concello

Con motivo da celebración da 50ª edición do Rallye Rías Baixas, que cada ano congrega miles de seguidores, o Auditorio Lois Tobío acollerá este mércores 28, ás 20.00 horas, unha charla-coloquio que contará coa presenza dos mellores pilotos que correrán na proba.

Os irmáns Sergio e Diego Vallejo, os pilotos locais Alberto Meira e Pablo Pazó, o ex futbolista e actual piloto de rallys do equipo Suzuki Santiago Cañizares e o seu compañeiro de cores Joan Vinyes contarán anécdotas e responderán ás preguntas dos asistentes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL