Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Unha exhibición deportiva pechou o curso 2013/2014 do Pavillón Municipal de Gondomar.

Unha exhibición deportiva pechou o curso 2013/2014 do Pavillón Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Escolas-deportivas

O deporte foi o gran protagonista esta pasada fin de semana na clausura do curso 2013/2014 das Escolas Deportivas que ten en marcha o Concello de Gondomar. Durante o acto, que se celebrou no Pavillón Municipal desde as 18.00 horas, un total de 269 crianzas das diferentes Escolas amosaron o aprendido no curso en distintas exhibicións das modalidades ofertadas.


O acto de clausura arrancou coa actuación da Escola de Balonmán á que lle seguiron a de Judo, Futbito que foi a gran novidade este ano, Patinaxe que con máis de cen alumnos voltou ser a actividade con maior participación, Tenis, Patinaxe de novo, Tenis de Mesa, Multideporte e Taekwondo.
Como broche final, os pequenos recibirán diplomas acreditando a súa participación e uns agasallos para agradecer o seu esforzo e dedicación.
Modalidades ofertadas
Durante o curso 2013/2014, as actividades deportivas ofertadas foron: patinaxe, ximnasia de mantemento, iniciación ao deporte, deportes colectivos e acrobacias ximnásticas, taekwondo, piragüismo, tenis, tenis de mesa e atletismo (estes catro últimos grazas a un convenio cos distintos clubs deportivos). Ademais este ano incorporáronse catro novas escolas deportivas: actividade física e deportiva, balonmán, judo e futbito (estas tres últimas son escolas deportivas da Deputación que este curso se implantaron en Gondomar).
Un ano máis, as actividades de patinaxe e taekwondo acapararon o interese dun gran número de alumnos. Só en patinaxe matriculáronse este ano 105 nenos e nenas. A gran novidade este ano foi a gran participación rexistrada no primeiro ano da modalidade de Futbito con 34 participantes e a de balonmán con máis dunha ducia de asistentes.