Mércores, 3 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

O RC Celta de Vigo enfrontará ao Gondomar CF no XXX Edición do Trofeo Conde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

primerentrenomadroa1415O próximo 26 de agosto, disputarase a XXX edición do Trofeo Conde de Gondomar que enfrontará ao Gondomar C.F. e ao Celta de Vigo, con motivo da celebración do centenario do equipo local. O encontro terá lugar no campo municipal das Gaiandas, ás 19.30 horas.

A VII edición do Trofeo Vila de Gondomar enfrontará ao Rápido de Bouzas e ao Gondomar C.F.

Correo-e Imprimir PDF

o-gondomar-cf-canta-loteria-o-cd-estradense-rf 674589O desafío deportivo que inaugurara o Campo de Fútbol As Gaiandas en 1946 volverá a repetirse na disputa da VII edición do Trofeo Vila de Gondomar. O local, Gondomar.C.F. -organizador do trofeo- recibirá ao Rápidos de Bouzas, da Terceira División Nacional nun encontro que terá lugar este domingo 3 de agosto ás 19 horas nas Gaiandas.

Jacobo Ucha do Club Ciclista Rías Baixas vence no Circuíto Festas de Lousada en Portugal

Correo-e Imprimir PDF

ucha rias baixasO Club Ciclista Rías Baixas viviu unha xornada histórica ao conseguir a súa primeira vitoria nunha proba Élite-Sub23 na súa segunda tempada nesta categoría. O triunfo chegou no calendario portugués e asinouno Jacobo Ucha. O corredor porriñés impúxose no Circuíto Festas de Lousada organizado pola Asociación Ciclista de Oporto. O representante da entidade do Val Miñor alcanzou en solitario a liña de meta logo de ser o gran protagonista desta clásica practicamente desde o bandeirazo inicial. Ucha filtrouse na fuga que se formou na quinta das 30 voltas que os participantes tiñan que completar a un circuíto de case tres quilómetros.

Andrés Torres da A.D. Vincios acada unha medalla de prata no Campionato de España de tenis mesa.

Correo-e Imprimir PDF

Antequera-2014 Equipo 01-Andrés Torres, da A.D. Vincios, subcampión de dobres alevíns no Campionato de España de tenis de mesa celebrado en Antequera
-Un total de 13 deportistas representaron á Agrupación na competición máis importante do calendario estatal
A cidade de Antequera (Málaga) acolleu, recentemente, os campionatos de España de tenis de mesa de todas as categorías desde benxamín ata absoluto, nos que participaron máis de 2000 xogadores e xogadoras de todos os clubs existentes a nivel do Estado.

Carlos Becke e Sofía Bancoff gañan o VI Open de Tenis Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

feminino2014O torneo tivo na categoría masculina unha disputada final entre Carlos Becke e Manuel Santome. Becke acadou o trofeo tras gañar os dous sets por 7/6 e 6/2. Aínda máis dura foi a finalísima feminina onde a gañadora Sofía Bancoff (alumna do Tenis Gondomar) tivo que dobregar a Raquel Arreola en 3 encontros: 7/6, 4/6 e 6/3. Tras finalizar a competencia o Club Tenis Gondomar procedeu á entrega de trofeos e o sorteo dun cheque para dous circuítos termais nas Termas de Outariz que finalmente obtivo Yago González.

O baionés Adrián Valverde finaliza a súa participación no Campionato de España de mountain bike Sub 23.

Correo-e Imprimir PDF

valverde convocadoO ciclista baionés Adrián Valverde completou onte no circuíto de Panticosa (Huesca) as seis voltas da carreira Rally Sub 23 do Campionato de España de mountain bike e cruzou a liña de meta no posto 25. O corredor do Club Ciclista Rías Baixas foi un dos tres representantes galegos na proba que se adxudicou o biker ourensano Pablo Rodríguez Guede.

Tras unha década de inactividade deportiva volve a competir o Club Baloncesto Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

pelota-baloncesto-201301O Club Baloncesto Nigrán reinicia a súa actividade deportiva neste municipio logo de máis dunha década de inactividade deportiva. Este rexurdimento da entidade débese á iniciativa dun grupo de pais e nais , con Pablo Vilas como presidente, xunto a Nuria Gómez Domínguez, adestradora superior de baloncesto quen asumirá como directora deportiva do club. Tamén contarán co traballo do adestrador da INEF, Marco Fernández Riesco. A nova directiva salienta que tomarán "as rendas deste club co fin de seguir traballando, do mesmo xeito que fixeron os seus fundadores en 1988".

Últimos días para inscribirse no III Triatlón Popular Concello de Baiona 2014.

Correo-e Imprimir PDF

triatlon-baionaO próximo Domingo día 20 de Xullo as 10.00 horas terá lugar no Paseo da Praia da Ribeira en Baiona (entrada ao Parador) o III Triatlón Popular,
organizado pola Concellería de deportes e actividades marítimas e pola Piscina mancomunada do Val Miñor, incluído dentro da programación deportiva deste verán 2014.
A proba consta de tres partes: a primeira, percorrido a nado de 0.5 km, a segunda parte, percorrido en bicicleta estática pedaleando 10 km e a terceira parte, correndo ao redor do Parador, cunha distancia de 4 km.

Máis de 40 cativos se inician nas técnicas do patinaxe nun campamento de verán en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

patinaje2Un total de 44 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 4 e 15 anos, participaron durante o mes de xuño no Campus de Verán de Patinaxe, organizada polo Club de Patinaxe Artística Gondomar coa colaboración do Concello. As clases, de 45 minutos dous días á semana e en horario de tarde, "serviron para que os nenos e nenas aprendesen as principais técnicas, saltos e figuras", explica David Figueroa, adestrador do Club Patinaxe Gondomar. O Campus de Patinaxe continúa durante este mes de xullo, nesta ocasión en horario de mañá, de 10.00 a 11.30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL