Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Tras unha década de inactividade deportiva volve a competir o Club Baloncesto Nigrán.

Tras unha década de inactividade deportiva volve a competir o Club Baloncesto Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
pelota-baloncesto-201301

O Club Baloncesto Nigrán reinicia a súa actividade deportiva neste municipio logo de máis dunha década de inactividade deportiva. Este rexurdimento da entidade débese á iniciativa dun grupo de pais e nais , con Pablo Vilas como presidente, xunto a Nuria Gómez Domínguez, adestradora superior de baloncesto quen asumirá como directora deportiva do club. Tamén contarán co traballo do adestrador da INEF, Marco Fernández Riesco. A nova directiva salienta que tomarán "as rendas deste club co fin de seguir traballando, do mesmo xeito que fixeron os seus fundadores en 1988".


Esta nova andadura iníciase con tres equipos, masculinos e femininos, que competirán nas diferentes ligas da Federación Galega de Baloncesto , ademais destes equipos propios do club contarán tamén cos equipos de dous colexios que forman parte da súa Escola Deportiva: o Divino Salvador e o CEIP Escultor Acuña de Vigo, que competirán tamén a nivel federado.
Esta Nova Directiva púxose en contacto coas direccións dos diferentes centros educativos de Nigrán, colexios e institutos, para traballar tamén conxuntamente con eles.
Pablo Vilas, manifesta que se trata dun proxecto "tremendamente ilusionante no que as familias e o equipo técnico traballan unidos co fin de conseguir que os nenos e nenas aprendan e gocen practicando este deporte"
Poñen a disposición un blog do club para aqueles que queiran poñerse en contacto con eles.