Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

#Gondomar comeza a conta atrás da 15ª edición do Memorial Manuel Barros coa inscrición dos competidores.

Correo-e Imprimir PDF

correrOrganizada pola Sociedade Atlética Val Miñor e coa colaboración do Concello de Gondomar, xa comezaron as inscricións para participar da 15ª edición do Memorial Manuel Barros que terá lugar o domingo 5 de xullo a partir das 9:30 horas. As inscricións deben realizarse na web da Federación Galega de Atletismo até o mércores 1 de xullo as 20 horas. O custe da carreira é de 6 euros por persoa e gratuíta para os máis pequenos.

#Nigrán : Prepárase a 5ª travesía a nado en Praia América “Costa Serena”.

Correo-e Imprimir PDF

competencia 2014A V edición da Travesía a nado Costa Serena celebrarase o 12 de xullo de 2015 en Praia América (Nigrán), segundo da conta a web oficial do envento, onde poden consultarse detalles así como información e fotografías dos edicións anteiroes. A de 2015 constará de dúas probas de 800 metros e 4.000 metros. Ademais, a partir desta edición, incorporaremos dous percorridos de 50 e 150 metros para nenos. Espérase a presenza de centos de nadadores de todo o noroeste peninsular, pois se trata dunha das citas máis importantes e atractivas do calendario de natación de augas abertas de Galicia.

Fin do “Rías”: Miguel Fuster gaña con autoridade o 51º #RallyeRíasBaixas. Iván Ares foi segundo.

Correo-e Imprimir PDF

28 0O actual líder do campionato de España de rallyes de asfalto non cede. Miguel Fuster adxudicouse tamén a vitoria na cuarta proba puntuable do Nacional con total autoridade. Seis anos logo do seu último triunfo no Rías , Fuster volveuse a subir todo o máis alto do caixón do pódium da proba organizada pola Escudería Rías Baixas.

O equipo da AD Vincios compite en Cataluña na procura do ascenso á división de honor.

Correo-e Imprimir PDF

IMG-20150530-WA0001Os xogadores de Primeira división Nacional do club xa están no Centro de Alto Rendemento de San Cugat, á espera dos partidos que lle permitirán pelexar pola obtención do ascenso á División de Honra da Real Federación de España. O equipo atópase en perfectas condicións para abordar a competencia, segundo puido saber este medio do presidente da AD Vincios, Vicente Pintos en comunicación mantida o venres pola tarde.

Por quinto ano consecutivo as Vespas e Lambrettas conquistarán o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Primeira-volta-ao-valminor-Máis de 200 motoristas percorrerán as estradas do Val Miñor na V Volta do Vespamiñor Scooter Club.

O Vespamiñor Scooter Club organiza este domingo a súa V Volta en Vespa e Lambretta pola bisbarra miñorana. O evento proponse reunir esta vez a máis de 200 motoristas de Portugal, Galicia e outros puntos de España. A saída terá lugar ás 10 horas no Parque da Palma nas portas do parador Conde de Gondomar para percorrer 50 quilómetros e chegar sobre as 15 horas ao mesmo punto. Trala actividade terá lugar un xantar de confraternidade con sorteos.

Os peques do Areixa participarán da festa de fin de tempada do baloncesto en Navia

Correo-e Imprimir PDF

cb areixaEste sábado 30 de Maio, de 16:30-20:00 en Navia A Academia Celta organiza unha concentración de clausura, para iso invitou a máis de 170 nenos da categoría baby pertencentes a distintos clubs de Vigo e contorna.
Esta concentración é o colofón aos torneos que durante toda a tempada organizou para os máis pequenos e nos que os participou a categoría Baby do Areixa de Nigrán. Ademais da competición a festa incluirá actividades paralelas como hinchables, bailes e merenda.

Venres a todo motor en #Nigrán e #Gondomar co espectáculo multicolor do #RallyeRíasBaixas.

Correo-e Imprimir PDF

6 0baixasen gondomarA loita por adxudicarse a vitoria do 51º Rallye Rías Baixas comeza para os equipos participantes en Chenlo-Morgadáns, un tramo cronometrado de 11,01 quilómetros. O Porsche de Miguel Fuster, actual líder do campionato de España de Rallyes de Asfalto, será o primeiro vehículo en tomar a saída ás 18:06 horas. E tras el, de minuto en minuto, os 73 equipos restantes que se inscribiron nesta cuarta proba do nacional.

Inmediatamente despois, os participantes afrontarán a primeira pasada aos 6'66 quilómetros cronometrados do tramo de Nigrán.

Ás 18:55, os vehículos entrarán no parque de reagrupamento de Gondomar onde permanecerán durante media hora e posteriormente farán unha parada de asistencia no IFEVI.

A competición renovarase ás 20:39 horas coa segunda pasada a Chenlo-Morgadáns e Nigrán.

Nigrán e Gondomar, os lugares máis próximos para ver de cerca o #RallyeRiasBaixas

Correo-e Imprimir PDF

porscheGondomar acollerá un ano máis o parque de reagrupamiento e o percorrido do primeiro tramo entre Chenlo e Morgadáns. Por Nigrán os coches circularán por un tramo clásico entre as parroquias de Vincios e Camos.

O único deporte que pode paralizar China ten dúas promesas xuvenís en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Anxo-e-Martin-xogadores-da-A selección española de tenis de mesa fornécese dende hai tempo con dous mozos xurdidos da canteira gondomareña: Martín Pintos e mais Anxo Iglesias. Ambos os dous acaban de participar no Open Internacional de España Cadete e Xuvenil onde concorreron un total de 230 xogadores de Europa, Asia e América. Unha cita onde só acoden os deportistas das primeiras posicións dos ranking nacionais. Na actualidade Martín ocupa o lugar 17 no ranking español e Anxo a 12 no infantil masculino nos cadros provisionais que achega a Real Federación Española, trala disputa do Torneo Estatal 2014 – 2015. Máis alá dos datos de competencia, ambos os dous novos deportistas son un exemplo do desenrolo deste deporte en Gondomar grazas ao traballo da Asociación Deportiva Vincios, dirixida por Vicente Pintos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL