Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes #Gondomar comeza a conta atrás da 15ª edición do Memorial Manuel Barros coa inscrición dos competidores.

#Gondomar comeza a conta atrás da 15ª edición do Memorial Manuel Barros coa inscrición dos competidores.

Correo-e Imprimir PDF
correr

Organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor e coa colaboración do Concello de Gondomar, xa comezaron as inscricións para participar da 15ª edición do Memorial Manuel Barros que terá lugar o domingo 5 de xullo a partir das 9:30 horas. As inscricións deben realizarse na web da Federación Galega de Atletismo até o mércores 1 de xullo as 20 horas. O custe da carreira é de 6 euros por persoa e gratuíta para os máis pequenos.

Horarios e distancias da competición

09:30 Carreira Absoluta 98/anteriores 10.000 m 2 ó B + circuíto exterior
10:45 Cadetes Femininos/Masculinos 00/01 3.000 m 3 ó B
11:05 Infantís Femininos/Masculinos 02/03 2.000 m 2 ó B
11:25 Alevíns Femininos/Masculinos 04/05 1.600 m 1 ó A + 1 ó B
11:45 Pitufos Femininos/Masculinos 10/11 100 m De Saída A a Meta
12:00 Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 08/09 300 m De Saída B a Meta
12:15 Benxamíns Femininos/Masculinos 06/07 600 m 1 ó A
12:30 Entrega de premios

Dorsais
Serán entregados polo club organizador o día anterior a proba na Casa da Cultura de Gondomar no horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 minutos antes da celebración de cada carreira)

Premios
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Pre-benxamín ata cadete e a todos os pitufos ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta. Haberá recordo conmemorativo para os 600 primeiros inscritos.

Premios en metálico da carreira absoluta, tanto para homes e mulleres.

1º 200,00 eur 
2º 100,00 eur 
3º 50,00 eur 
4º 30,00 eur 
5º 20,00 eurÂ